Educación e Cultura

De algo hai que morrer, de Malasombra Teatro, unha conferencia fúnebre-cómico-teatral - TEATRO: De algo hai que morrer - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: De algo hai que morrer

De algo hai que morrer, de Malasombra Teatro, unha conferencia fúnebre-cómico-teatral

TEATRO: De algo hai que morrer, de Malasombra Teatro. Unha conferencia fúnebre-cómico-teatral, na que dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.

  • Cando: Venres 14 marzo, 21:00 h.
  • Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Público recomendado: maiores de 14 anos. Duración: 65'.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

De algo hai que morrer

Conferencia fúnebre-cómico-teatral. Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal. A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado? A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais? Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian? Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente? O suicidio creativo. Desfruta do teu derradeiro momento. O asasinato. Son os xenocidas uns tolos malvados ou heroes ecolóxicos incomprendidos? A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras. O enterro (ou como desfacerse do cadáver). A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos. O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

  •  Actores: Jouse García e Xoque Carbajal
  • Autor: Jose Prieto
  • Director: Marcos Orsi
  • Vestiario: La Canalla
  • Escenografía: Xoque Carbajal
  • Iluminación: Xoque Carbajal
  • Produción: Patricia Rodríguez
  • Deseño gráfico: Miguel Carbajal Touceda
  • Vídeo: Pepe Castro
  • Montaxe de son: Chema Gómez Otero e Pepe Castro