Educación e Cultura

O vindeiro venres 14 de maio, Miguel Anxo Seixas presenta a súa obra Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, dentro dos actos do Maio Cultural 2021. - Presentación do libro Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, de Miguel Anxo Seixas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Presentación do libro Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, de Miguel Anxo Seixas

O vindeiro venres 14 de maio, Miguel Anxo Seixas presenta a súa obra Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, dentro dos actos do Maio Cultural 2021.

O vindeiro venres 14 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, Miguel Anxo Seixas presenta a súa obra Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, dentro dos actos do Maio Cultural 2021. A presentación contará coa presenza de Miguel Anxo Seixas (autor), Francisco Fernández Rei (profesor da USC e académico da RAG), Juan Conde Roa (Consorcio de Santiago) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo).

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf  981 100 688, ata o venres 14 de maio ás 12:00 h. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.  ​​​​​​​

 

Castelao. Construtor da nación. TII 1931-1939 Miguel Anxo Seixas Seoane

O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista.

Velaquí o segundo volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, desta volta durante os anos da Segunda República e a Guerra Civil. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica da vida de Castelao deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

Editado por Galaxia Editorial.

 

​​​​​​​