Educación e Cultura

- Proxecto Interrimos Deloa para a reactivación do patrimonio cultural inmaterial a través da música tradicional - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Proxecto Interrimos Deloa para a reactivación do patrimonio cultural inmaterial a través da música tradicional

A Asociación de Desarrollo Local Deloa (grupo de Desenvolvemento Rural, que traballa nas comarcas de Barbanza, Sar, Noia e concello de Muros) están a poñer en marcha o proxecto Interritmos Deloa, que pretende a reactivación do patrimonio cultural inmaterial a través da música tradicional.
 

Para levar a cabo o proxecto realizarán dúas accións:

SEMINARIO: Música Tradiconal e Industria Musical - 8 de maio - Lugar da Escravitude Padrón

SEMINARIO que leva por título “Música tradicional e industria musical. Coñecementos necesarios para os grupos emerxentes”, que se celebrará o día 8 de maio na sede da Asociación de Desarrollo Local Deloa (Lugar de A Escravitude, s/n, 15980 Padrón). Inscricións en www.deloa.es/seminario ou no 981 817 000. Asistencia gratuíta. Aforo limitado.

CERTAME DE MÚSICA TRADICIONAL

CERTAME DE MÚSICA TRADICIONAL. Constará de dúas audicións:

1- AUDICIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL NO CONCELLO DE BOIRO: que terá lugar o día 16 de maio ás 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura Ramón Martínez López, Avda. da Constitución, nº 30, 15930 Boiro. Inscrición hasta o 10 de maio de 2015.

2- AUDICIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL NO CONCELLO DE OUTES: que terá lugar o día 6 de xuño ás 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Outes,  Avda. de San Campio, nº 1, Serra de Outes 15230  Outes. Inscrición hasta o 31 de maio de 2015.

Inscricións en www.deloa.es/certame , no 981 817 000 ou enviando a ficha de inscrición cumprimentada ao correo electrónico deloa@deloa.es.