Educación e Cultura

- De abrentes e ocasos, recital poético musical - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

De abrentes e ocasos, recital poético musical

O vindeiro venres 23 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo desenvolverase un recital poético musical, De abrentes e ocasos, da poesía galega contemporánea.

Co recurso da voz, do corpo e mais da música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza.

Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a violencia de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra; o espazo dos soños….; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua galega.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada de entradas dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa)

Recomendada para maiores de 12 anos.

A proposta forma parte das propostas de Rede Cultural da Deputación da Coruña.