Educación e Cultura

- Camiños de experiencia e coñecemento, propostas para maiores de 50 anos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Camiños de experiencia e coñecemento, propostas para maiores de 50 anos

O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o proxecto de democratización do coñecemento, CAMIÑOS DE COÑECEMENTO xunto coa colaboración do Concello de Rianxo.

O programa conta cun total de 8 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

Está destinado para maiores de 50 anos.

Máis información e inscricións no correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal e presencialmente no Auditorio de Rianxo.

  • A ECONOMÍA CIRCULAR: "O NOVO RETO SOCIOECONÓMICO QUE XA ESTÁ AQUÍ"

​​​​​Martes 15 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, cos catedráticos Gumersindo Feijoo Costa e María Teresa Moreira Vilar.

  • PRÁCTICA DA ECONOMÍA CIRCULAR: "O NOVO RETO SOCIOECONÓMICO QUE XA ESTÁ AQUÍ"

​​​​​Mércores 16 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, cos catedráticos Gumersindo Feijoo Costa e María Teresa Moreira Vilar.​​​​​​​

  • O CINE COMO LINGUAXE

Xoves 17 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, co mestre Álvaro Dosil Rosende.​​​​​​​​​​​​​​

  • PRÁCTICA O CINE COMO LINGUAXE

​​​​​​Venres 18 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, co mestre Álvaro Dosil Rosende.​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​

  • SEMINARIO TEÓRICO-PRÁCTICO (I): MATEMÁTICAS, PÍDECHAS O CORPO !

​​​​​​​Martes 22 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, coas mestras Beatriz Álvarez Díaz, Laura Dávila Pena e Érika Diz Pita

  • SEMINARIO TESOUROS AGOCHADOS NO RURAL

​​​​​​​Xoves 24 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, coa mestra María Canedo Barreiro.​​​​​​​

  • VISITA A IGREXA DE SANTA COMBA DE RIANXO

Venres 25 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, coa mestra María Canedo Barreiro.​​​​​​​

  • SEMINARIO TEÓRICO-PRÁCTICO (II): MATEMÁTICAS, PÍDECHAS O CORPO !

​​​​​​​Martes 29 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, coas mestras Beatriz Álvarez Díaz, Laura Dávila Pena e Érika Diz Pita​​​​​​​