Educación e Cultura

- Actividades formativas audiovisuais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Actividades formativas audiovisuais

​​​​​​​

 

Coa colaboración dos catro concellos da Arousa Norte e da Deputación da Coruña, a Asociación Alberto Romero volve ofrecer un ano máis os cursos de formación básica de como realizar unha curtametraxe.  Están programados para os meses de outubro e novembro nos catro concellos da Arousa Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) e son gratuítos.

Os cursos terán lugar os sábados e divídense en grupos de primaria polas mañás e de maiores de 12 anos polas tardes. Teñen unha duración de catro ou seis horas en total, repartidas en dúas sesións de dúas ou tres horas cada día segundo corresponda.  As prazas son limitadas, polo que é imprescindible anotarse no curso para reservar sitio.

En Rianxo celebraranse os sábados 5 e 19 de outubro, no Auditorio municipal.

Pódense anotar rapaces desde primaria en adiante ou incluso adultos de calquera idade, so é preciso anotarse no noso correo: info@albertoromero.org  -  Para anotarse na actividade necesitamos ter os seguintes datos:  Sitio, data e horario do curso elixido, nome e apelidos, DNI, idade e centro educativo no que estás a realizar os estudos (se este é o caso - non aplicable para adultos).

Para poder realizar a actividade recomendamos que os asistentes (menores ou adultos) leven un teléfono móbil, cámara de fotos ou cámara de vídeo.

Web Alberto Romero

Correo electrónico de contacto: info@albertoromero.org