Educación e Cultura

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023 - ​​​​​​​AULA DE INTRODUCIÓN Á LECTURA E ESCRITA POÉTICA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

​​​​​​​AULA DE INTRODUCIÓN Á LECTURA E ESCRITA POÉTICA

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023

​​​​​​​AULA DE INTRODUCIÓN Á LECTURA E ESCRITA POÉTICA


Finalidade:  dende a palabra poética tentaremos achegarnos á expresión e escoita activa, tamén como canle de autocoñecemento, interacción e socialización. Afondaremos no eixo do poema desde a lectura, a análise, a reflexión, o pensamento crítico e a práctica do xénero. Tentaremos expoñer os cimentos fundamentais que erguen a escrita poética, procurando inventariar as ferramentas literarias que posuímos para crear, descubrir as voces das aprendices e desenvolvelas.
Persoas destinatarias: maiores de 15 anos.
Docente: Noelia Gómez Calvo.
Días: Sábados 25 de marzo; 1, 8, 15, 22 e 29 de abril; 6, 13, 20 e 27 de maio; 3, 10, 17; e 1 de xullo.
Horario e lugar: De 10:00 a 12:00 no Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar).
Participantes: Máximo 20 participantes.

Prazo de matrícula: ata ao 16/03/2023 ás 14:00, no formulario creado ao efecto na web do concello. https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3219599​​​​​​​

  • As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.
  • Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docentes e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.
  • Todas as actividades son gratuítas

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf 981 100 688