Actualidade - Concello de Rianxo
Actualidade
O Concello de Rianxo organiza o 27 e 28 de xullo unha Festa Gastronómica dos produtos do mar de Rianxo, cun amplo programa de actividades. Advertido os seguinte erros no cartel anunciador: As actuacións, enmarcadas na Feira do Libro, de Xurxo Souto e Xoán Curiel serán o DOMINGO 28 DE XULLO nos seguintes horarios e lugares: 13:00 Cantos de traballo das mulleres do mar. Banda sonora da...
Zona da Zanfona é un evento único na Península Ibérica, un festival temático sobre o instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo cumpre 15 anos neste 2019. Acontece na primeira semana do mes de xullo co miolo da programación entre o venres 5 e o domingo día 7 cun programa para todos os...
O sábado 15 de xuño de 2019 constituíuse o Pleno da Corporación 2019-2023 cos concelleiros e coas concelleiras que resultaron elixidas nas eleccións municipais do 26 de maio. Adolfo Muíños Sánchez foi o único candidato que os partidos con representación presentaron á investidura e foi investido alcalde cos votos a favor do PSOE e do BNG.
A xunta de portavoces do Concello de Rianxo decretou tres días de loito oficial en recordo das dúas persoas asasinadas nos atentados de Sri Lanka, veciñas de Rianxo e Pontecesures. Ás 12:00 h, representantes da corporación e a veciñanza gardaron un minuto de silencio en repulsa do acto terrorista e en memoria das persoas que nel faleceron.
O concello de Rianxo está a elaborar o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Este proceso estase a construír dende unha perspectiva participada, tendo en conta ás opinións e percepcións do persoal técnico de todas as áreas municipais, o persoal político, os axentes sociais e económicos, a comunidade educativa e as mulleres rianxeiras. O II Plan de Igualdade de...
O Concello de Rianxo pon á disposición das entidades locais e da veciñanza unha guía coas instrucións e documentación necesaria para a organización de festas e verbenas populares consonte a nova Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que entrou en vigor o 2 de xullo. As comisións de festas e endidades organizadoras deben presentar,...
O Pleno do Concello de Rianxo acordou, por unanimidade, acollerse a unha subvención do IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía), un organismo adscrito ao Ministerio de Energía, Turismo e Agenda Digital, para renovar a iluminación exterior do municipio. É unha convocatoria de axudas a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a una economía baixa en...
O pleno da corporación de Rianxo aprobou, na súa última sesión de febreiro, o apoio á Folga que con motivo do Día Internacional da Muller se celebrará en todo o mundo. Nese senso, para dar cumprimento aos acordos da moción aprobada, o Concello de Rianxo fai un chamamento a secundar o paro convocado, en xeral a toda a veciñanza e, moi especialmente, ás mulleres traballadoras. Queda moito por...
O Concello de Rianxo participa na campaña RIANXO EN NEGRO, xunto a máis de cincuenta concellos galegos e as deputacións, unha acción que pretende incidir de xeito eficaz na sociedade para mostrar o rexeitamento cara a violencia contra as mulleres, e que terá como imaxe externa vestir de loito Rianxo, a través das casas, das institucións e dos establecementos comerciais. O principal obxectivo...
Rianxo celebrará a súa semana grande das festas do 8 ao 15 de setembro. A Asociación "A Moreniña", a través da Comisión de Festas, é a entidade organizadora das Festas da Guadalupe 2017, cuxa páxina web ofrece toda a información sobre as actividades e eventos que terán lugar durante toda a semana de celebracións. guadaluperianxo.org
NOVA DATA: 15 de agosto. A Concellaría de Deporte e Patrimonio Histórico organiza unha visita nocturna guiada aos petróglifos dos Mouchos, o martes 15 de agosto, ás 21.00 h. Despois da recente limpeza realizada nun dos monumentos máis importantes do noso continente, que foi supervisada por un arqueólogo para garantir que os traballos se fixeran de xeito adecuado e non danar a estación...
O Concello de Rianxo vén de adherirse á campaña #construíndodiversidade, promovida pola Deputación da Coruña, coa fin de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como dignificar a comunidade #LGTBQI construindodiversidade.gal
O Concello de Rianxo, adherido ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, mantivo este mércores 23 de novembro unha xuntanza no Instituto galego de Vivenda e Solo cos técnicos para constituír a Comisión de Seguimento do programa. Existe moito interese por parte do Concello en poñer todas as ferramentas posíbeis para dotar de vivendas dignas de alugueiro e a prezos taxados. No...
En cumprimento dos requirimentos de xustificación, o Concello de Rianxo da publicidade á obra do plan marco MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS denominada EXECUCION AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN SESTELO- ISORNA. A obra está subvencionada pola Axencia galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Desenvolvemento Rural...
O Alcalde de Rianxo e os delegados da empresa NOSA e OÑIAL asinaron no salón de plenos do Concello de Rianxo o contrato de adxudicación de diferentes obras por importe de 276.995 euros. Un primeiro proxecto adxudicado á empresa NOSA contempla a pavimentación de varias rúas e viais no casco urbano de Rianxo entre os que están unha primeira actuación na Estrada de Tanxil, desde o Auditorio ao...
Hoxe comeza a funcionar en Rianxo a Escola Obradoiro Arcos Moldes con vinte alunos e alumnas de albanelería e xardinería. Durante seis meses traballarán nas áreas verdes do Concello e no edificio do Arquivo Municipal. Na foto alumnado, profesorado, tenente de Alcalde Adelina Ces e o Alcalde, Adolfo Muíños. Leva o nome de Arcos Moldes pola súa vinculación ao desenvolvemento social e económico...
O Concello de Rianxo colabora na II acampada solidaria polas persoas refuxiadas que terá lugar na Praza Castelao a partir das 18 h do 17 de xuño, coa participación de varios colectivos do municipio e persoas que colaboran desinteresadamente. O sábado ás 13 h terá lugar a lectura do manifesto.
O vindeiro xoves, 7 de abril, revivirase a historia do achado do Casco de Leiro por José María Vicente. A cita é no Auditorio Municipal a partir das 20 h. A mesa redonda estará composta por: José Mª Vicente Descubridor do Casco Manuel Gago Doutor en xornalismo Bea Comendador Doutora e Profesora da Universidade de Vigo Roberto Pena Puentes Xefe do Servizo de...
O Concello de Rianxo, a través da súa sede electrónica, pon en marcha o Portal de Transparencia. En cumprimento da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Concello de Rianxo pon en marcha na súa Sede Electrónica o Portal de Transparencia, que favorece o acceso á información pública, consolidando así os dereitos dos cidadáns ao dotalos dun...
O Concello de Rianxo aprobou nun pleno extraordinario este venres 16 de maio o proxecto de saneamento da Laxe-Outeiro en Taragoña a incluír no plan DTC 93 da Deputación da Coruña. Contou coa aprobación unánime da corporación e conta cun orzamento de 156.000 euros. Este proxecto previsibelmente se acometerá, logo da súa remisión á Deputación, ao longo deste mesmo ano. Conta con...