Actualidade

- VI edición do "+ que tapas" en Rianxo - concelloderianxo

Actualidade

VI edición do "+ que tapas" en Rianxo

O 20, 21 e 22 de novembro, o + que tapas recunca en Rianxo da man da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa.

Durante a fin de semana, pide unha tapa nos establecementos participantes e puntúa a súa calidade mediante un código QR. Ademais de escoller a tapa gañadora, partiparás no sorteo dun lote de produtos por cada concello participante que consistirá en dúas caixas de cervexas variadas (48 unidades) e dúas botellas de viño de DO Terra de Barbanza e Iria.

Os horarios para a etapa de Rianxo son os seguintes:

Venres 20
De 19:00h. a 20:00h: Apertura no restaurante A Lareira coa actuación de Quico Cadaval.
De 20:00h a 23:00h: Comezo do Tapeo

Sábado 21
Tapeo das 13:00 h. ás 15:00 h. e de 20:00 h a 23:00 h

Domingo 22
Tapeo de 13:00 h ás 15:00 h

LOCAIS PARTICIPANTES

1. MEMPHIS. Praza de Rafael Dieste, 7
2. O VILAR. Rúa de Abaixo, 38
3. CASTELAO. Paseo de Manuel Antonio, 7
4. GALLECIA. Praza Castelao, 5-7
5. TOFFE. Praza Virxe de Guadalupe, 1
6. SARAIBA. Rúa Arcos Moldes, 6 baixo
7. O COSTILLAR. Rúa Os Gudiños, 8
8. O FURANCHO. Rúa do Adro, 2
9. A LAREIRA. Aldea Pazo, 28