Servizos Sociais

- Estadías para familias en residencias de tempo libre - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Estadías para familias en residencias de tempo libre

A Consellería de Política Social e Igualdade convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2025.

Este programa destinado o desfrute do lecer das familias e posibilitar o acceso de familias a un período vacacional,  levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e Panxón-Nigrán (Pontevedra).

As estadías comprenderán:

  •  Aloxamento en  réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
  •  Servizo de aloxamento que inclúe a limpeza diaria.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

  • Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e galegas residentes no exterior.
  • Non se valorarán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores, salvo que existan prazas vacantes na quenda solicitada. 

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

- As solicitude presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

PRAZO: ata o 21 de maio

MÁIS INFORMACIÓN: