Blogs

- Martelo tiña un can...

Navigation Menu

Historia da Música

Martelo tiña un can...

A personaxe: (Wikipedia)

Evaristo Martelo Paumán Nero, nado na Coruña o 25 de abril de 1853 e falecido na mesma cidade o 31 de marzo de 1928, foi un escritor e avogado galego.

Fillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, era descendente do poeta e almirante Pai Gómez Chariño, fixo estudos para mariño, pero finalmente dedicouse ao Dereito. A vida de Evaristo Martelo transcorreu entre a Casa do Arco en Laxe, o pazo dos Andeiro en Rianxo, o castelo de Vimianzo (que el mercou) e o pazo de Ombre. Membro da nobreza, foi Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro.

Era un dos contertulios da Cova Céltica coruñesa, na que participaba con Eduardo Pondal, con quen trabou unha grande amizade, influíndo na súa obra. Fixo gala dun patriotismo galego exemplar, sobre todo na defensa do idioma, ao que cualificaba como "fala de reis". Foi membro da Real Academia Galega (1921-1928).

Casou con Josefa de la Maza Agar, filla de Ramón María de la Maza Quiroga.

Obra:

·         Os afillados do demo, 1885, A Coruña.

·         A noite de San Silvestre, 1890, A Coruña.

·         Líricas gallegas, 1894, A Coruña.

Estas obras, xunto con outra inédita, As toupas do Pindo, forman un conxunto caracterizado polo ton satírico e a defensa do idioma.

·         Landras e baias, 1919, El Noroeste, A Coruña.

·         Andeiro. Poema histórico-brigantino da Unión Ibérica (século XIV), 1922, A Coruña.

·         El laudemio.

·         Manual de los Consejos de Agricultura, Industria y Comercio.

A historia.

«Uns anos atrás, estava a tirar umas fotografias diante do Paço de Martelo, hoje biblioteca municipal, e uma senhora idosa se me acercou e disse-me:

—Rapaz, sabes quem vivia nessa casa?

—Não Sra. quem é que vivia?

—O Martelo. 

E começou a cantar:

—Martelo tinha um cão...

Nas primeiras aulas de Cultura Musical da Galiza, na Uned-Senior de Rianxo, contei-lhes o que me acontecera. Eu não lembrava mais que o primeiro verso —não pudera gravar a Sra. quando cantou— mas de imediato Manuel Cespón ofereceu-se a cantar-ma tal e como a lembrava de quando criança.

Agora sim gravamos, e fica a salvo do esquecimento.» José Luís do Pico Orjais

A gravación.

Preme no icono para ver o vídeo.

Ir a Canal Youtube Uned-Senior Rianxo

Canal Youtube