Blogs

- Alalá-cantar das ribeiras de Rianxo

Menú de navegación

Blogs

Alalá-cantar das ribeiras de Rianxo

Antes de 1898, alguém recolleu en Rianxo un alalá. Sabemos isto porque existe unha anotación de Casto Sampedro e porque Xavier Groba exhumou esta anotación do arquivo do museo de Pontevedra, publicándoa na súa tese de doutoramento. Nunha das nosas aulas utilizamos a partitura achegada por Groba para que máis de cen anos despois volva a sonar en Rianxo. 

Bibliografia

GROBA, Xavier O legado musical de Casto Sampedro Folgar (1848-1937). O canto galego de tradición oral. Vol. I USC; Santiago de Compostela. 2011 p.309

No vídeo que penduramos no canal de youtube mostramos a nosa interpretación improvisada desta partitura, gravado no transcurso dunha aula.

Preme no logo para ver o vídeo.