Campamento Urbano e Deportivo 2018
Blogs (Campamento Urbano e Deportivo 2018)
E xa chegamos ao fin do Campamento, que rápido nos pasou!!! Agradecemos a todos os que colaborastes con nos para facelo posible: a todos os departamentos municipais, a Escola de Música de Rianxo, a Piscina Municipal de Rianxo, ao Colexio Castelao, a empresa Axouxere, ás familias, e especialmente aos nenos e nenas que participastes: Grazas!!!!
Ata o ano que ven
Outro ano máis celebramos a acampada no pavillón municipal de Taragoña, e que ben o pasamos: xogos, cancións, cine, e ata vimos Xúpiter, Saturno, Marte e moitas estrelas grazas ao programa Todocosmos da Universidade de Santiago:
Xa chega ao seu fin o campamento, e esta última semana estivo chea de actividades: xogos populares en deporte, obradoiro de cociña, xincana, disfraces, saída a praia e visita a Aula Activa...
Recordade que o luns temos festa da auga, e o martes festa de despedida do Camp2018, no Campo de Arriba, de 11 a 13 horas.
Unhas fotiños:
GRUPOS 2014- 2013 E 2012
AULA ACTIVA DO MAR
Este venres realizaremos unha saída a aula activa do Mar, onde realizaremos unha visita guiada e diversas actividades.
GRUPOS 2011 A 2006
PRAIA DE TANXIL - XINCANA
Este venres realizaremos unha saída á Praia de Tanxil, onde faremos unha xincana con auga.
Deberán traer o bañador posto e crema protectora xa botada, unha muda interior e toalla. Non se van a bañar.
O punto de encontro e recollida dos nenos/as será no Colexio Castelao, no horario habitual, ás 10:30 e ás 13:30.
Os nenos e nenas que van a outras actividades recollerémolos no pavillón e levarémolos andando ata a praia.
LUNS 13 AGOSTO: FESTA DA AUGA
O luns, que xa non haberá actividades deportivas, realizaremos unha festa con auga no Colexio Castelao, polo que pedimos que os nenos e nenas traian: bañador posto e crema protectora xa botada, unha muda interior e toalla. Poden traer xoguetes (co nome) para lanzar auga.
Xa vamos pola quinta semana de campamento e aínda que estemos chegando ao final, as actividades non paran:
ACAMPADA – VENRES 10 AGOSTO
Este ano volvemos repetir a experiencia da acampada, invitando aos nenos e nenas a participar dunha noite de acampada, na que ademais de cear, almorzar e durmir todos xuntos, realizaremos unha velada nocturna con xogos, cancións, contos,....
LUGAR: Pavillón Municipal de Taragoña
HORARIO: De 18:30 a 11:00 h
Incorporación: Entre as 18:30 e 19:00/ Saída: Entre as 10:00 e 11:00
18:30 Recepción participantes
19:00 Xogos
21:00 Cea
22:00 Velada Nocturna
Observación astronómica en colaboración con Todocosmos, do Observatorio da Universidade de Santiago de Compostela e da Fundación Española da Ciencia e Tecnoloxía.
08:00 Erguerse e aseo persoal / Almorzo
10:00 Fin de actividade
Os nenos e nenas deberán traer: unha muda, pixama e zapatillas, cepillo e crema de dentes, toalla e saco de durmir (aillante ou colchón si tivese).
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1.- Os nenos e nenas deberán ser autónomos no seu aseo e vestimenta.
2.- A organización encargarase da cea e do almorzo. No caso de que teñan algunha intolerancia ou alerxia deberá notificalo na ficha de autorización.
3.- Si ten que tomar un tratamento médico deberá avisar coa conseguinte prescrición médica.
4.- Ningún participante poderá abandonar a actividade sen a presenza dun adulto autorizado (pai, nai, titor/a), e sempre despois de comunicarllo tanto a monitora como a coordinadora.
5.- Prégase non facer visitas de non ser necesario, co fin de non interferir no desenvolvemento das actividades.
6.- Aconsellase levar a roupa e pertenzas marcadas.
7.- Recoméndase non levar obxectos de valor, nin diñeiro, nin aparellos electrónicos.
FESTA “FIN DE CAMPAMENTO” - MARTES 14 AGOSTO
O martes celebraremos a festa “Fin de Campamento”, con inchábeis, música, xogos,...
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campo de Arriba
HORARIO: De 11:00 a 13:00 horas
Todos os nenos e nenas do campamento asistentes terán que ir acompañados dun adulto. É unha actividade aberta a todo o público, poden vir familiares, amizades,... No caso de choiva a festa realizarase no Colexio Castelao.
Este ano continuamos co Plan Madruga, co que se pretende favorecer a conciliación familiar e laboral. O horario do plan madruga é a partires das 8:30, e realizanse actividades máis relaxadas, como ler, contos, manualidades sinxelas, relacionadas con distintas temáticas como investigación, xornalismo,... unhas fotos:
Unha parte moi importante do campamento é a parte deportiva, onde estas semanas fixeron psicomotricidade, música e baile, baloncesto e deportes con implementos.. Esta semana estamos con balomán e voleibol, e xa a última semana lla adicaremos ao xogos populares. Unhas fotos:
O venres pasado realizamos a saída ao Paseo Marítimo máis a praia. O tempo non se prestaba moito, polo que tivemos que improvisar, e no caso dos máis pequenos, por exemplo, despois de estar no paseo e merendar, foron un pouco a xogar ao parque. Os máis grandes estiveron na praia do Pazo, onde nos deixaron unhas fermosas esculturas en area:
Xa rematamos a cuarta semana de campamento, estanos pasando voando. Esta semana, ademais de recibir a visita de Farmasolete, tivemos un montón de actividades: realización de murais, chapas, animación á lectura na biblioteca... e seguimos con música, deporte, piscina,.... e como todos os anos, non pode faltar o xogo de Furor!!
Esta semana tivemos a visita de Farmasolete e dun grupo de farmacéuticas que viñeron a visitarnos ao campamento e a explicarnos a importancia de protexernos do sol, e cómo debemos facelo.
Esta actividade fíxose en colaboración co ColexioOficial de Farmacéuticos de A Coruña. Que ben o pasamos, moitas grazas por vir!!!
Grupos 2014, 2013 e 2012:
Este venres realizaremos unha saída ao Paseo Marítimo e a Praia de Rinlo, onde estaremos facendo xogos e construcións de area.
Recordade poñerlles crema protectora e que traian viseira.
Grupos 2011, 2010, 2009, 2008, 2007 e 2006:
Paseo Marítimo e Praia do Pazo.
Deberán traer o bañador posto e crema protectora xa botada, unha muda interior e toalla.
Poden traer xoguetes (marcados co nome) para lanzar auga, posto que realizaremos xogos de auga. Non se van a bañar.
- O punto de encontro e recollida dos nenos e nenas será no Colexio Castelao, no horario habitual, de 10:30 a 13:30.
- Os nenos e nenas que van as actividades deportivas recollerémolos no pavillón no horario habitual e levarémolos andando ata a praia.
Esta semana que xa rematou foi moi intensa: deportes, manualidades, música, acrobacias, piscina,... e tamén estivemos na Feira do Libro de Rianxo:
O venres 20 de xullo acudiremos a Feira do Libro de Rianxo e ao teatro “Cardume” por Xarope Tulu, que se realizará no Campo de Arriba.
“O cardume é un espectáculo para tódolos públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma.
En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes traballan en conxunto para acadar os seus soños, promovendo valores como a cooperación, a solidariedade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todxs sumamos.”
O punto de encontro e recollida será o Colexio Castelao e o horario será o habitual, de 10:30 a 13:30 h.
Esta semana tivemos multitude de actividades: empezamos a prepararnos para a nosa labor de detectives preparando as nosas lupas, tivemos música (grazas a colaboración da Escola de Música de Rianxo), continuamos coa vila do maña, deporte, piscina, e para rematar a semana, xogos e xoguetes tradicionais.
Velaí van unhas fotos:
O venres 13 de xullo realizaremos a actividade “Xogando Miudiño”, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo para promover o uso da lingua galega nas actividades de lecer entre a rapazada. Trátase dunha xornada con xogos e xoguetes populares, que se realizará no Campo de Arriba.
O punto de encontro e recollida será o Colexio Castelao e o horario será o habitual, de 10:30 a 13:30 h.
No caso de choiva, a actividade realizarase no patio do Colexio Castelao.
Recordamos que o luns 16 de xullo, por ser festivo local do Concello de Rianxo, non haberá campamento.
Xa damos comezo a segunda semana, e queremos deixarvos aquí unha selección de fotos do que fixemos a primeira semana de campamento.
As actividades da primeira semana trataban de A Vila do Mañá, programa educativo no que participamos este ano xunto coa Área de Rehabilitación do Concello de Rianxo e Post Arquitectos. Ao longo de toda a semana estivemos vendo como era a nosa vila e como queremos que sexa, velaí van unhas fotos:
O luns darán comezo as Actividades lúdicas en piscina.
Os grupos quedan determinados pola idade, quedando:
Grupo 1: nacidos no 2014 e 2013
Grupo 2: nacidos no 2012
Grupo 3: nacidos entre o 2011 e o 2006.
Axuntase horario e información das actividades.
Os participantes teñen que levar: gorro, gafas, chancletas e toalla.
As actividades finalizarán ás 13:30 h. Os nenos/as recolleranse directamente nas instalacións da piscina.
A persoa que recolla aos nenos/as poderá entrar aos vestiarios a axudalos a ducharse e cambiarse. Deberán levar chancletas para o acceso ao vestiario.
No caso de que teñan que recoller aos irmáns no campamento, o persoal monitor do campamento axudará a cambiarse e levarannos para saír no seu horario habitual no Colexio.
Tamén si desexan recollelos na piscina, e teñen que recoller aos irmáns no campamento, os nenos/as esperaran cos monitores/as no Colexio ata que sexan recollidos.En ambos casos, pregamos avisen aos monitores/as onde van a recoller aos nenos/as.
O pago realizarase directamente nas instalacións da Piscina, antes da 1ª sesión ou con anterioridade. Non precisan ningún recibo para facer o pago, xa que se realiza na recepción da piscina cos datos dos nenos/as participantes.
Debido a que o vindeiros luns 16 de xullo é festivo local do Concello de Rianxo non haberá campamento, polo que a actividade para o grupo 1 (2014 e 2013) prevista para ese día realizarase o xoves 19 de xullo.
Os grupos para o campamento serán por ano de nacemento, agás os nenos e nenas nados no 2008, 2007 e 2006 que irán xuntos nun mesmo grupo.
Para as actividades deportivas, os grupos, actividade e horario serán:
Ano 2014 – Educación Física de Base _ Luns e Mércores de 10:45 a 11:30
Anos 2013 e 2012 – Predeporte – Luns e Mércores de 11:30 a 12:15
Anos 2011 e 2010 – Multideporte – Martes e Xoves de 10:45 a 11:30
Anos 2009, 2008, 2007 e 2006 – Tododeporte – Martes e Xoves de 11:30 a 12:15
Este ano contamos cunha actividade específica para os nenos e nenas nados no 2013 e 2012, en colaboración coa Escola de Música de Rianxo: Música e movemento, obradoiros dunha hora semanal cos que se pretende iniciar aos nenos e nenas participantes no mundo da música.
“Operación Xouba: os superdetectives de Rianxo” será o centro de interese sobre o que xirarán as actividades e propostas que se desenvolverán durante o campamento. De xeito transversal traballarase a coeducación, a educación para a saúde, a educación en valores, e a educación ambiental. As actividades enfocaranse en función das idades, adaptando tanto a súa complexidade como o seu interese para as idades ás que van destinadas.
O campamento seguirá esta planificación:
Semana 1 – A vila do mañá: obradoiro de urbanismo e patrimonio para a infancia e a mocidade.
Este ano imos a participar no proxecto “A vila do mañá: obradoiro de urbanismo e patrimonio para a infancia e a mocidade”, co que se pretende achegar a vila e a súa construción aos máis novos. A través do xogo, de dinámicas e a experimentación traballaremos sobre como é Rianxo, que elementos da vila son importantes para eles, e como queren que sexa a vila do mañá.
Semana 2 – Empeza a operación: as feitorías do marimanta
Obradoiro de recoñecemento de pegadas, carreira de detectives, obradoiro de xoiería, ...
Saída: 13 de xullo. Xogando Miudiño – xogos tradicionais, no Campo de Arriba.
Semana 3 – Lupas, pasta, polbos, gravadoras e pinzas
Obradoiro de pasta de modelar, xogos de orientación, gran mural dos detectives,...
Saída: 20 de xullo. Feira do Libro e Espectáculo Maxia
Semana 4 – Misterios sen resolver
Obradoiro de acuarelas, obradoiro de disfraces detectivescos, xincana fotográfica,...
Saída: 27 de xullo. Saída a praia
Semana 5 – Mensaxes ocultas
Animación á lectura: trabalinguas e composicións, procura do tesouro, obradoiro de goma espuma, xogo de enigmas detectivescos,...
Saída: 3 de agosto. Concerto didáctico Gallaecia Gallaeciños "A historia do Jazz"
Semana 6 – Elemental Queridas Xoubas!
Lipdub: elaboración dun vídeo musical, obradoiro de cociña,...
Saída: 10 de agosto. Pendente
A programación pode sufrir modificacións. En canto ás saídas, no caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa nas instalacións do colexio. Tamén se comunicará calquera cambio ou necesidade específica de cada saída.
FESTA FIN DE CAMPAMENTO E ACAMPADA
O 10 de agosto realizarase a acampada no Pavillón Polideportivo de Taragoña.
O último día de campamento, martes 14 de agosto, realizarase unha actividade lúdico festiva de fin de campamento no Campo de Arriba.
Os listados dos grupos, organización deporte e piscina publicaránse en breve.
Documento informativo organización