Campamento Urbano e Deportivo 2017

- INICIO CAMPAMENTO

Blogs (Campamento Urbano e Deportivo 2017)

INICIO CAMPAMENTO

Comezamos a andaina do Campamento Urbano e Deportivo 2017 BOGA BOGA – O MAR, e con el este blog, co que pretendemos que as familias esteades ao día de todo o que acontece no campamento, das actividades nas que participan os nenos e nenas, dos xogos, cancións e contos cos que se divirten. Por iso, iremos actualizando o blog contándovos o que fan e mostrando con fotografías e vídeos. Trátase dunha ferramenta máis que nos permitirá abrir o campamento a vós, as familias, e que tamén sexades parte del.

O campamento comeza o luns 3 de xullo ás 10:30 no Colexio Castelao (entrada por rúa Arcos Moldes). Os monitores/as esperarán no patio cuberto cun cartel co ano do grupo. Debedes dirixirvos cada un cara o seu grupo, e os monitores/as xa os situan nas filas.

Pregamos, unha vez estean os nenos/as na fila, esperen no corredoiro da parte central, sen invadir as filas.

Nos grupos de nenos e nenas máis pequenos, pode que este primeiro día non se sintan cómodos ou seguros, polo que podedes entrar un anaquiño con eles, que se habitúen ao sitio, aos monitores/as e aos compañeiros/as con calma.

Este ano non teremos reunión, pero si estaremos a vosa disposición para resolver as vosas dúbidas, recoller recibos, etc, así como tamén vos entregaremos unha folla de recomendacións.

Podedes consultar os grupos nos seguintes listados. Calquera erro que haxa, comunicádeo para poder resolvelo.

Grupos Campamento

 

PLAN MADRUGA

A partires das 8:30 poderedes deixar aos nenos/as no Pavillón polideportivo, onde vos estará esperando a monitora. Ao rematar o plan madruga, xa a propia monitora os levara para o colexio Castelao.

 

Información temática

Normas e recomentacións

 

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

Comezarán o mércores 5 de xullo, xa que o luns e o martes serán días de presentacións, coñecer o espazo, aos monitores/as e sobre todo aos compañeiros e compañeiras.

É obrigatorio traer roupa deportiva e tenis para cambiar os días que teñan actividade deportiva. Recomendamos que traian as botellas de auga marcadas cos nomes. Os grupos son:

Grupos 2013 e 2012: luns e mércores, de 10:45 a 11:30.

Grupos 2011 e 2010: luns e mércores, de 10:30 a 12:15.

Grupos 2010 e 2009: martes e xoves, de 10:45 a 11:30.

Grupos 2008, 2007, 2006 e 2005: martes e xoves, de 11:30 a 12:15.

 

Información grupo 2010

 

 

 

 

 

Información Campamento 2018