Campamento Urbano e Deportivo 2017

- PRESENTACIÓN

Blogs (Campamento Urbano e Deportivo 2017)

PRESENTACIÓN

Estes primeiros días foron de presentación e ambientación. Estivemos realizando xogos de presentación para coñecernos todos os nenos e nenas, pois vimos de todas as parroquias do concello, e tamén doutros sitios, como Santiago, Teo, Boiro,... polo que estamos a facer novas amizades. Tamén estivemos decorando as instalacións, con banderíns, pancartas, debuxos, pois queremos deixar o noso selo nas instalacións que estamos utilizando.

O venres imos realizar a nosa primeira saída, e como a temática do campamento é o mar, imos a visitar as instalacións do Museo do Mar e as da Aula Activa do Mar.

O horario do campamento é como sempre, de 10:30 a 13:30, e o sitio para deixar os nenos/as e recollelos tamén, o Colexio Castelao. As visitas faranse por grupos, e iremos a merendar ao Campo de Arriba.

Agora unhas fotos destes primeiros días:

Información Campamento 2018