Maña dará comezo o Campamento Urbano e Deportivo Rianxo 2019, así como tamén os servizo de transporte e Plan Madruga.
GRUPOS Os grupos establécense segundo o ano de nacemento, tendo como monitores/as:
2015: Lucía, Antía e Fátima
2014: Carmela, Laura e Uxía
2013: Carmen e Cristina
2012: Diana e Adrián
2011: Alba e Eva
2010 a 2007: Miriam e Sara
Coordinadora: Montse
No caso de que queiran cambiar de grupo, deberán comunicalo á organización do campamento que valorará o posible cambio, sempre que non prexudique o bo facer das actividades.
DEPORTES
Comezarán o luns 8 de xullo, É OBRIGATORIO TRAER ROUPA DEPORTIVA E TENIS os días que teñan actividade deportiva. A actividade deportiva realizarase no pavillón do Ies Félix Muriel. Os días de deporte serán:
Luns e Mércores: 2015 e 2014
Martes e Xoves: 2013 a 2007
SERVIZO DE TRANSPORTE
O servizo de transporte comezará tamén mañá. Axuntamos os horarios e as paradas. Pregamos nos avisen dos días que non van a usar o servizo ou que so van a usar a ida ou a volta. Horarios do servizo de transporte
RECOMENDACIÓNS
É recomendable que leven auga e merenda, xa que se realizará un recreo. Aconséllase levar a roupa marcada, e revisar ao marchar se levan todo o que trouxeron.
Os venres, que realizaremos as saídas, cómpre que traian viseira e crema solar protectora. De xeito puntual, poderanse facer outras saídas pola vila e a outras instalacións municipais para realizar algunha actividade.
Non é obrigatorio avisar aos/ás monitores/as de modificacións de horarios ou a non asistencia ao campamento, mais se vai ser algo habitual ou planificado (por exemplo: entrar máis tarde ou saír antes por participar noutras actividades; non vir un día á semana; un período de vacacións, etc.), recomendamos que llo comuniquen ao persoal monitor.
ENTRADAS E SAÍDAS
Para entrar e saír do campamento organizaremos aos nenos e nenas en filas. Cada fila estará marcada cun cartel co ano do grupo, e é alí onde deben esperar os/as nenos/as.
Os grupos de 2015 e 2014 dirixiranse ao patio central, que será onde teñas as súas filas. O resto de grupos na entrada do bloque novo.
Entradas e saídas plano
Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde ou teñan que saír antes, darase un número de teléfono para chamar e que vaian a abrirlles.
Os/as nenos/as non poderán saír do centro sós ou soas. No caso de que desexen que así o fagan, deberán comunicalo por escrito. Así mesmo, será necesario comunicar por escrito se algún/ha neno/a pode ser recollido/a unicamente por determinadas persoas.
Pregamos aos pais e nais, ou persoas acompañantes, que agarden aos nenos e nenas na parte de atrás, sen invadir as zonas de filas.
Estaremos á vosa disposición para resolver as dúbidas, recoller recibos,...
CONTACTOS
Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto con nós no correo campamento@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401 (Uxía) ou 674 041 412 (Montse).
Campamento Urbano e Deportivo 2019