Campamento Urbano e Deportivo 2019
Blogs (Campamento Urbano e Deportivo 2019)
E xa chegamos ao fin do Campamento, que rápido nos pasou!!! Agradecemos a todos os que colaborastes con nos para facelo posible: a todos os departamentos municipais, a Piscina Municipal de Rianxo, ao Ies Félix Muriel, a empresa Axouxere, ás familias, e especialmente aos nenos e nenas que participastes: Grazas!!!!
Ata o ano que ven!
* si tedes algunha prenda perdida, podedes pasar polo Auditorio a ver si está aquí.
O pasado venres realizamos a que xa ven sendo tradicional acampada, na que xogamos, cantamos e pasamos unha fermosa xornada de convivencia.
Este ano tivemos ademais dúas actividades relacionadas coa ciencia: a observación astronómica e unha observacións por microscopios, para que os nenos e nenas virán dende o máis grande e afastado ata o máis pequeno e próximo, unhas fotos:
Este ano a Festa de Fin de Campamento celebrarase o mércores 14 de agosto, de 10:30 a 13:30, no Pazo de Rianxiño, con inchables, obradoiros, música,...
- Os nenos e nenas estarán atendidos polo persoal monitor como calquera outro día de campamento.
- O Plan Madruga e servizo de transporte desenvolveranse de xeito habitual.
-
Grupos 2015 – 2014 – 2013:
Debido ao mal tempo, actividades no Pazo de Rianxiño.
-
Grupos 2012 – 2011 – 2010/2007:
“Para vir a xunta min”, actividade sobre a lingua e a lectura, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística. No Pazo de Rianxiño.
* Plan Madruga e servizo de transporte desenvolveranse de xeito habitual.
Estas semanas estamos recibindo algunhas visitas, como a de onte, na que viñeron a vernos a alcalde Adolfo Muiños, a tenente alcalde Mari Carmen Figueira e a concelleira de Cultura e Mocidade Raquel García. Coa súa visita aproveitamos para sacar algunhas fotos de grupo:
Tamén tivemos a visita o pasado venres de Xandobela, que nos veu a contar contos e a facernos xogar, unhas fotiños:
- Grupos 2015 – 2014 – 2013: “O sabio mestre”, actividade sobre a lingua e a lectura, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística. No Pazo de Rianxiño.
- Grupos 2012 – 2011 – 2010/2007: Paseo e Praia do Pazo. Poden traer xoguetes de auga. Non se van a bañar, pero si mollarse, polo que poden traer bañador ou muda para cambiar. Saída do Pazo de Rianxiño.
Este ano volvemos repetir a experiencia da acampada, invitando aos nenos e nenas a participar dunha noite de acampada, na que ademais de cear, almorzar e durmir todos xuntos, realizaremos unha velada nocturna con xogos, cancións, contos,....
Data: Venres 09 de agosto
Lugar: Pazo de Rianxiño
Horario: De 18:30 a 11:00 h
Incorporación: Venres 09 de agosto, entre as 18:30 e 19:00
Saída: Sábado 10, entre as 10:00 e 11:00
- 18:30 Recepción participantes
- 19:00 Xogos
- 21:00 Cea
- 22:00 Velada Nocturna / Observación astronómica en colaboración con Todocosmos, do Observatorio da Universidade de Santiago de Compostela e da Fundación Española da Ciencia e Tecnoloxía.
- 08:00 Erguerse e aseo persoal / Almorzo
- 10:00 Fin de actividade
Os nenos e nenas deberán traer: unha muda, pixama e zapatillas, cepillo e crema de dentes, toalla e saco de durmir (illante ou colchón si tivese).
1.- Os nenos e nenas deberán ser autónomos no seu aseo e vestimenta.
2.- A organización encargarase da cea e do almorzo. No caso de que teñan algunha intolerancia ou alerxia deberá notificalo na ficha de autorización.
3.- Si ten que tomar un tratamento médico deberá avisar coa conseguinte prescrición médica.
4.- Ningún participante poderá abandonar a actividade sen a presenza dun adulto autorizado (pai, nai, titor/a), e sempre despois de comunicarllo tanto a monitora como a coordinadora.
5.- Prégase non facer visitas de non ser necesario, co fin de non interferir no desenvolvemento das actividades.
6.- Aconsellase levar a roupa e pertenzas marcadas.
7.- Recoméndase non levar obxectos de valor, nin diñeiro, nin aparellos electrónicos.
8.- Non haberá servizo de transporte