Campamento Urbano e Deportivo 2018

- Actividades lúdicas en piscina

Campamento Urbano e Deportivo 2018

Actividades lúdicas en piscina

O luns darán comezo as Actividades lúdicas en piscina.

Os grupos quedan determinados pola idade, quedando:

Grupo 1: nacidos no 2014 e 2013

Grupo 2: nacidos no 2012

Grupo 3: nacidos entre o 2011 e o 2006.

Axuntase horario e información das actividades.

Os participantes teñen que levar: gorro, gafas, chancletas e toalla.

As actividades finalizarán ás 13:30 h. Os nenos/as recolleranse directamente nas instalacións da piscina.

A persoa que recolla aos nenos/as poderá entrar aos vestiarios a axudalos a ducharse e cambiarse. Deberán levar chancletas para o acceso ao vestiario.

No caso de que teñan que recoller aos irmáns no campamento, o persoal monitor do campamento axudará a cambiarse e levarannos para saír no seu horario habitual no Colexio.

Tamén si desexan recollelos na piscina, e teñen que recoller aos irmáns no campamento, os  nenos/as esperaran cos monitores/as no Colexio ata que sexan recollidos.

En ambos casos, pregamos avisen aos monitores/as onde van a recoller aos nenos/as.

O pago realizarase directamente nas instalacións da Piscina, antes da 1ª sesión ou con anterioridade. Non precisan ningún recibo para facer o pago, xa que se realiza na recepción da piscina cos datos dos nenos/as participantes.

Debido a que o vindeiros luns 16 de xullo é festivo local do Concello de Rianxo non haberá campamento, polo que a actividade para o grupo 1 (2014 e 2013) prevista para ese día realizarase o xoves 19 de xullo.

Actividades e horarios