Xuventude - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo
981 100 688 / 664 181 401
xuventude@concelloderianxo.gal
instagram.com/xuventuderianxo
Horario de atención ao público:
Luns e venres: 08.00 a 15.00 h
Martes a xoves: 11.30 a 14.30 e 16.30 a 20.00 h
Horario do 15 de xuño ao 15 de setembro:
Luns a venres: 08.00 a 14.00 h
Ligazóns de interese
xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.
Xuventude
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, e co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha conducción segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir. Os requisitos para poder obter está axuda son: Ter entre 18 e 30 anos Residir en Galicia Ser titular do...
No apartado Novas de interese do Servizo de Información Xuvenil poderedes atopar información sobre: Axudas para sacar o carné de conducir, dirixidas á mocidade Acreditación de competencias profesionais Axudas para a formación práctica en centro de traballo Recompilación de bolsas de formación e mobilidade ... entre moitas outras Tamén podedes consultar a Revista Semanal que...
Maña, mércores 15 de maio, ás 12:00 horas, abriráse o prazo para inscribirse no curso "Intervención na Atención Sociosanitaria en institucións sociais": Intervención na atención sociosanitaria en institucións sociais: Prazo inscrición: 15 maio, ás 12:00 h!!! Dirixido a: persoas maiores de 16 anos Datas: do 3 ao 20 de xuño Horario: de 09:00 a 14:00 horas Lugar: Aula de...
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informa que as probas de Bacharelato para maiores de 20 anos terán lugar no mes de abril de 2013. As datas de inscrición son do 18 ao 28 de febreiro, e a data do exame o 26 de abril. A inscrición e as probas realizaranse nos seguintes centros: Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña. Tel: 981 278 035 IES San Clemente,...
O Servizo de Información e Animación Xuvenil oferta tres cursos de formación destinados a mozos e mozas rianxeiros de entre 18 e 30 anos. Os cursos son: ¡PRAZO REMATADO! Curso de inglés medio: do 12 ao 29 de novembro, de 10:30 a 13:30 no Auditorio de Rianxo.Terá unha duración de 42 horas, durante as cales se utilizara unha metodoloxía práctica, basada nos diálogos,...
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta 50 prazas para a realización de prácticas laborais no estranxeiro, dirixidas a mozos e mozas de 18 a 30 anos. Os paises de acollida serán Alemaña, República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda, e os sectores son hostalería, turismo, comercio, servizos á comuniade (atención á terceira idade e discapacidade) e administración. As...
O vindeiro xoves 6 de setembro, ás 16:30 horas, no Auditorio de Rianxo levarase a cabo o obradoiro "Mediación xuvenil para a participación", sobre a constitución e xestión dunha asociación. O obradoiro está dirixido a mozos e mozas de 12 a 35 anos, aínda que poderan participar todas aquelas persoas interesadas no tema, ata cubrir prazas. Os temas a traballar son: Introducción ó...
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as bolsas de carácter xeral para o alumnado que, no curso académico 2012-2013 curse algún dos seguintes estudos con validez en todo o territorio nacional: Primeiro e segundo cursos de Bacharelato. Formación Profesional de grao medio e de grao superior. Ensino artístico profesional. Ensino deportivo. Estudos de idiomas...
A Consellería de Traballo e Benestar abre hoxe o prazo de inscrición para que os mozos e mozas galegas, de entre 18 e 30 anos, podan acudir ás actividades programadas en Braga, a cidade lusa elixida este ano como a Capital Europea da Xuventude. Para elo, a Dirección Xeral de Xuventude oferta un total de 90 prazas distribuídas en tres fins de semana diferentes, unha iniciativa que inclúe...
O vindeiro luns 2 de xuño ás 13:00 horas remata o prazo ordinario para formalizar a matrícula nos ciclos formativos. Infórmate sobre o procedemento de solicitude e sobre oferta formativa de FP para o vindeiro curso 2012- 2013. Abriráse un prazo extraordinario dende o 3 ao 12 de setembro.
¿Queres sacar o permiso de condución clase B? Se tes entre 18 e 30 anos, levas desempregado/a máis de 6 meses, poderás obter esta axuda de 200 euros da Consellería de Traballo e Benestar. O prazo remata o vindeiro 1 de setembro de 2012. Máis información: Oficina de Información Xuvenil do Concello de Rianxo. Orde no DOG
No taboleiro novas do Servizo de Información e Animación Xuvenil podedes atopar información sobre as axudas para sacar o permiso de conducir clase B e sobre axudas para cursos de idiomas destinadas ao alumnado universitario. Non esquezades consultar a Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil.