Xuventude

- Obradoiro: Móvete con Europa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Obradoiro: Móvete con Europa

Europa está ao teu alcance. Podes descubrila como voluntario, como asociado, como estudante en prácticas ou como emprendedor. Infórmate das axudas e dos recursos que a Unión Europea e a Xunta de Galicia teñen dispoñible para a mocidade e escolle a que máis se axuste a ti.

Neste obradoiro "Móvete por Europa" farase un achegamento a aqueles programas, recursos e axudas que os mozos e mozas teñen á súa disposición no ámbito da Unión Europea en cuestións clave para a mocidade. O voluntariado, a mobilidade, as prácticas formativas, o emprendemento,..., no marco da UE, serán os eixes sobre os que xire esta xornada promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os contidos que se van traballar son:

  • Recursos europeos en materia de xuventude
    • Programas dispoñibles
    • Portais e ferramentas de busca de información
    • Mobilidade europea
  • Xuventude en acción
    • Que é o programa Xuventude en Acción? Quen pode participar? Que accións se desenvolven? Que é o Servizo de Voluntariado Europeo? Como se pode presentar un proxecto?
    • A túa idea en Europa: leva a cabo o teu propio proxecto.
    • Taller sobre desenvolvemento e execución de proxectos no marco do programa Xuventude en Acción

O obradorio desenvolveráse o vindeiro xoves 17 de outubro, en horario de 17 a 19 horas, no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo.

Para inscribirse podes pasarte pola Oficina de Información e Animación Xuvenil, no correo xuventude@concelloderianxo.es ou nos teléfonos 981 100 688 - 664 181 401, no horario da oficina.

Cartel informativo