Xuventude

Obradoiro creativo para a mocidade de entre os 13 e 17 anos - Campamento Urbano Audiovisual - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Campamento Urbano Audiovisual

Obradoiro creativo para a mocidade de entre os 13 e 17 anos

Aínda hai prazas! polo que podedes facer a vosa inscrición.

O Servizo de Xuventude, por medio do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidaridade, vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 13 a 17 anos (nados do 2006 ao 2002).

O campamento ten como finalidade a creación dunha curtametraxe. A mocidade participante realizará todas as fases para a creación da curta: elección da idea, elaboración do guión literario e do guión técnico, escolla de recursos e audicións, preparación e ensaios, rodaxe, montaxe e estrea e gala final.

O Campamento realizarase do 16 ao 27 de xullo (agás domingo 21 e xoves 25) de 10:00 a 14:00 horas, no Pazo de Rianxo.

O prazo de inscrición comezará o vindeiro xoves 4 de xullo, ás 10:00 horas.

​​​​​​​