Noite Focl: SilvaRedonda e Ailá - Concello de Rianxo
EVENTOS
Noite Focl: SilvaRedonda e Ailá
A actuación de Ailá presentando o seu novo traballo Sansolimón forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Noite Focl: SilvaRedonda e Ailá.
- LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo)
- DÍA: martes 16 de xullo
- HORA: 22.00 h
A Noite Folc enmarcase no Verán Cultural organizado polo Concello de Rianxo e ten lugar na celebración das Festas do Carme de Rianxo. A actuación de Ailá presentando o seu novo traballo Sansolimón forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral co obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás”, pero tamén é unha proposta semántica, un neoloxismo para nomear a esencia emocional do noso pobo presente “nos ecos da memoria de quen nos precedeu”.
Ailá mergúllanos no universo folk; ou tradi, como prefiren denominalo eles, cuns impecables arranxos desde as recollidas históricas do saber musical popular. Isto, unido á peculiar formación composta por catro músicos, dálle un carácter único, achegando unha nova sonoridade ao seu repertorio tradicional; unha nova proposta que vén do folk para converterse en tradi.
"Silva Redonda é unha murga galega formada por dúas gaitas, clarinete, acordeón, bombardino, tambor e bombo con pratos.
Ligada ás terras do Barbanza, foi na primavera do 2018 cando comezou a amenizar sesións vermú, romarías, roteiros culturais e seráns.
No outono dese mesmo ano, a murga tivo a honra de ser escollida pola Casa de España da República Dominicana como representante da música tradicional galega para dinamizar unha serie de actos alá celebrados.
De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando algún tema vocal, o seu repertorio componse de pezas tradicionais e outras de autor, con arranxos persoais, e tamén composicións" (Fragmento Orgullo Galego)