Turismo

- XI Festival Antrospinos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

XI Festival Antrospinos

A Asociación Festival Antrospinos organiza, un ano máis, este festival na súa XI edición, coa colaboración do Concello de Rianxo, e co seu epicentro no lugar de Campo Maneiro (Taragoña), os días 27 e 28 de xullo.

Cunha afluencia fiel e cada vez maior, volverá ser de balde, con acceso ao festival, á zona de acampada libre e ás duchas habilitadas para a ocasión. Durante o día destacan a matraquillada, na que matraquillos, chimpíns e tractores sairán en procesión cara ao campo da festa (Campo Maneiro), así como o xantar popular (sábado dende as 13 h) e o ambiente festivo.

Polo escenario do festival pasarán grupos galegos e de fóra da talla de Ruxe Ruxe, Vadebo, Skama La Rede, Ezetaerre, Orquesta Neverloura, Enxebre, Pinchadiscos e De La Cruz Show. Na noite do venres, actuarán Cuarta Xusta no Bar Confort e Zënzar e Ferromona no Curral do Marqués.