Turismo

- ACTUALIZACIÓN DE CONTIDOS DA WEB - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

ACTUALIZACIÓN DE CONTIDOS DA WEB

ACTUALIZACIÓN DE CONTIDOS DA WEB OFICIAL DO CONCELLO DE RIANXO

Dende o departamento de turismo do concello de Rianxo, estanse a actualizar os contidos da web oficial www.rianxo.gal.

É por elo, que se está a chamar e/ou visitar os locais hostaleiros e de aloxamento de cara a solicitar a actualización de datos, así como menús ou calqueroutra información que se desexe salientar.

Esta labor non está sendo doada xa que moitos están pechados por vacacións ou no momento en que se contacta con eles (ou se lles visita) nos comentan que non está o propietario/a para facilitarnos os datos.

Seguiremos chamando e vistándovos, pero para facilitarnos o labor, sería importante que nos remitades a información ao mail turismo@concelloderianxo.gal.

Reiterar que se promocionará toda aquela información (menús, fotos,etc....) que vos pareza oportuno, e todo elo de balde para vos.

Asemade, aqueles locais que non permanezan abertos ao longo do ano, é preciso que nolo fagades saber de cara a que a información que apareza sexa o mais fiable posible.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración

Departamento de turismo

Concello de Rianxo

turismo@concelloderianxo.gal

tlfno: 981 86 00 75 (ext 151); 667185576