Servizos Sociais

Servizos Sociais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Nesta nova edición, actualizada para o ano 2018, recóllense, principalmente, as axudas establecidas nos ámbitos da seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais e educación, entre outros. Inclúe tamén as previsións do novo Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Ademais facilítanse as direccións e ligazóns dos organismos autonómicos competentes nestas materias e de entidades sociais...

A saída cultural programada para o día 30 de marzo, COSTA DA MORTE - FERVENZA DO ÉZARO aprázase para o venres 6 de abril. As persoas interesadas aínda están a tempo de anotarse. Máis información en: saídas culturais 1º trimestre.

   A Consellería de Política Social vén de publicar a orde que establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019. PERSOAS BENEFICIARIAS Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1-01-2016 e o 31-12-2017,   ambos os dous días incluídos, e que,...

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo continúan con este programa, igual que o curso 2016-2017, desenvolvido pola Cruz Vermella, a través do seu programa de Voluntariado Social. A QUEN VAI DIRIXIDO? Vai dirixido á poboación infantil e xuvenil do Concello de Rianxo, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, que presenten dificultades no proceso de ensinanza-aprendizaxe, e que...

Xa están programadas as saídas culturais que se realizarán neste primeiro trimestre do ano 2018.   Para máis información: Servizos Sociais Comunitarios Estrada de  Tanxil, 12 Telf: 981 86 00 61

    Persoas beneficiarias Familias que no ano 2018 teñan fillos ou fillas, tanto por natureza como por adopcion, ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena, nados entre o 1 de xaniero e o 31 de decembro de 2018. Tamén poderán beneficiarse da axuda as galegas e os galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e, tendo...

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo están organizando un xantar  para celebrar a chegada das súas Maxestades de Oriente. Lugar: Parrillada Ourense Hora: 14:00 h Días: 5 de xaneiro Prazo de inscrición: do 19 de decembro ao 2 de xaneiro Prezo: 15 € por persoa  

A Xunta de Galicia pon en mans das familias galegas a Guía de recursos para as familias 2017, de cara a facilitar a maior cantidade de información sobre os recursos, tanto económicos como humanos, que poden apoiar e axudar á mellora do benestar da familia e de cada unha das persoas que a compoñen. Esta guía tenta achegar, con claridade, a información relativa ás axudas directas (prestacións...

O programa contempla o aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido, tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 12 ou de 10 días (once ou nove noites, respectivamente). Persoas beneficiarias: Pensionistas de Xubilación ou Incapacidade Permanente do sistema de Seguridad...

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, dentro do programa de Envellecemento Activo, vai realizar distintas saídas culturais durante todos os meses do ano, co obxectivo de promover a participación e integración social das persoas, fomentar unha mellor calidade de vida e un mellor coñecemento da contorna. Persoas destinatarias Todas as persoas maiores de 45 anos...

Con motivo do 25 de novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres", e co obxetivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, o Concello de Rianxo, xunto con 74 concellos galegos e 4713 establecementos e axentes sociais, participan conxuntamente na campaña de sensibilización "En negro, contra as...

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares. Tipo de axuda Unha achega económica (de...

A Consellería de Política Social, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. O programa levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra) entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de...

A xunta de goberno local do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o 28/08/2017, aprobou as bases da convocatoria  para a concesión de axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil, primaria e ensino secundario obrigatorio, no curso escolar 2017-2018. PERSOAS DESTINATARIAS DA AXUDA  1. O...

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo organiza, con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, unha peza teatral que xira arredor do esquecemento. Estará interpretada por Pepa Barreiro e baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas. A representación terá lugar o venres 22 de setembro, ás 20:00 h, na Sala Arcos Moldes do Centro Socio-cultural Auditorio de...

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo están organizando un xantar festeiro para as persoas maiores. LUGAR:  pazo das monxas de Rianxiño HORA:  15:00 h DÍA:  mércores 13 de setembro PRAZO DE INSCRICIÓN: dende o 28 de agosto ao 11 de setembro COTA: 14 € por participante Haberá autobuses polas distintas parroquias para todas as persoas que o queiran utilizar.

CAMBIO DA LOCALIZACIÓN DA ACTIVIDADE: TRASLÁDASE AO AUDITORIO DE RIANXO   Dentro da  campaña de sensibilización contra a violencia de xénero "QUEN DIXO MEDO?", a Deputación da Coruña vai organizar unha charla sobre afectividade e sexualidade que terá lugar no Concello de Rianxo na seguinte data: Día: sábado 19 de agosto de 2017 Horario: de 11:00 a 13:00 horas Lugar: Auditorio...

  A Deputación da Coruña ten en marcha a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero QUEN DIXO MEDO? Dentro desta campaña, enmárcase o Obradoiro de autodefensa, que terá lugar no Concello de Rianxo na seguinte data: Día: sábado 22 de xullo de 2017 Horario: de 11:00 a 13:30 horas Lugar: Centro sociocultural-auditorio (R/ Autores da Rianxeira) A finalidade do obradoiro é...

Chegamos á FIN do curso 2016/2017 do Campus Familia Rianxo. Foron 27 sesións, 27 venres e en varias zonas do Concello de Rianxo. 27 temáticas para cada familia #moitosCambios. Este venres toca celebrar os logros. Vinde coas fillas e fillos ao Auditorio de Rianxo​ de 18.15 a 20.15 h  

Este venres, no #campusFamiliaRianxo, traballaremos a relación que temos co OCIO e co goce. Venres 23 de xuño, de 18.15 a 20.15 horas, no auditorio de Rianxo.  

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias numerosas para sufragar parte dos gastos de estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tipo de axuda: 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos. 37,50 € por persoa para as menores de 12 anos. ...

Este venres, no Campus Familia, toca este medio, tocan as redes sociais para debater, responder, tratar e aprender, para estar máis e mellor preparadas as familias. No Auditorio de Rianxo​, de 18.15 a 20.15 horas.  

Na xunta de goberno local do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o 12/06/2017, aprobáronse as bases da convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantial e ensino obrigatorio, no curso escolar 2016-2017. PERSOAS DESTINATARIAS DA AXUDA: 1. O alumnado de infantil poderá...

Este venres, no #CampusFamilia, tocan as #preguntasquesemprequixeronfacerosnenos Para isto, é importante: 1º. Seguir os pasos que se comentan no vídeo. 2º. Asistir ao #CampusFamilia para resolver estes enigmas. Vémonos o venres 9 de xuño, ás 18.15 h, no Auditorio de Rianxo.

Este venres, no Campus Familia, abordaremos as diversas estratexias e formas de fomentar o talento nos nosos fillos. De que maneira apoiar a súa propia creatividade e autonomía; a descubrir por eles mesmos as súas múltiples capacidades. Este venres, Campus Familia Rianxo no CEIP BREA SEGADE, de 18.15 a 20.15 h

O Concello de Rianxo, en colaboración con Cruz Vermella, está a levar a cabo un programa de apoio escolar educativo co obxeto de contribuír ó éxito escolar de nenos e nenas, con idades comprendidas entres 6 e 16 anos, residentes no Concello de Rianxo e con dificultades sociais. Consta de dúas sesións semanais que comenzaron en marzo e finalizarán o 14 de xuño.

O Concello de Rianxo organiza, o vindeiro sábado 3 de xuño no pavillón do colexio Ana Mª Diéguez (Asados), un obradoiro de iniciación á defensa persoal dirixido específicamente a mulleres. INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Correo electrónico: agkravmaga@gmail.com Teléfono de contacto: 608979727

Este venres, no #CampusFamiliaRianxo, tocan as actividades da rapazada: como afrontan os deberes, as actividades extraescolares e a súa propia autonomía. Este venres, 19 de maio, no CEIP CASTELAO: de 18.15 a 20.15 h

Este venres, no Campus Familia de Rianxo, toca xestionar o noso tempo. É a hora de mellorar a nosa loxística, tanto da casa, a familiar como a do traballo; incluso tocaremos as actividades ou tarefas que fan as nosas fillas e fillos. Este venres 12 de maio, de 18.15 a 20.15 h, no auditorio de Rianxo.  

Aberto o prazo para presentar a solicitude para o programa de turismo do Imserso. PERSOAS BENEFICIARIAS :  Pensionistas por xubilación do sistema público español de pensións.  Pensionistas por viuvez cos 55 anos cumpridos.  Pensionistas por outros conceptos ou percetores de prestacións ou subsidios por desemprego, cos 60 anos cumpridos en todos os casos. Poden participar...

Este venres seguimos co Campus Familia de Rianxo. Abordaremos as diferenzas, casos e situacións. Venres 5 de maio, de 18.15 a 20.15 h, no Auditorio de Rianxo.

Esta semana o Campus Familia volve o Auditorio de Rianxo. Falaremos coa coach Nelly Rey de Identia Coaching sobre as necesidades das familias. Abordaremos os problemas concretos que teñen cada familia do Campus e as súas solucións para cada caso. Este venres, #CampusFamilia Horario: 18.15-20.15

A Consellería de Política Social convoca prazas para persoas con discapacidade co fin de que participen en campamentos de verán e campos de traballo, mediante quendas específicas e de integración. A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2017 da D.X. de...

TIPO DE AXUDA Axuda económica para adquirir servizos de promoción da autonomía persoal: servizos de respiro familiar a través de axuda no fogar, atención diúrna ou atención residencial; Xantar na casa; atención temperá; promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional (fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, atención psicolóxica...); habilitación psicosocial (servizo de...

O programa, convocado pola Unión de Pensionistas (UDP), diríxese a coidadoras e coidadores, tanto principais como de apoio, que teñan ao seu cargo a unha persoa maior en situación de dependencia, priorizando a participación de persoas que realicen coidados de longa duración ou ampla intensidade. A finalidade do programa é a procura dun espazo de encontro e de formación e intervención entre...

Esta semana o Campus Familia dirixese ao CEIP ANA MARIA DIEGUEZ en Asados. Trataremos o tema do ACOSO ESCOLAR, teremos nesta ocasión a experta Susana Simoes que virá a falar da detección, das consecuencias e de como previlo. Este venres O Campus Familia no CEIP ANA MARÍA DIEGUEZ en Calle Atalaia, s/n, 15984 Rianxo  

A Consellería de Política Social vén de publicar a orde que establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017. PERSOAS BENEFICIARIAS Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nacidos entre o 02.01.2014 e o 01.01.2017, incluídos) e que, durante o ano...

Vídeo de presentación da vindeira xornada do Campus familia 2017, o venres 24 de marzo.  

​O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla o aloxamento en balneario, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 10 días. O desenvolvemento das quendas terá lugar durante o período comprendido entre os meses de abril e decembro de 2017. REQUISITOS DAS PERSOAS...

Vídeo de presentación da vindeira xornada do Campus familia 2017, o venres 17 de marzo.  

Co gallo do Día Internacional da Muller, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, Hadriana Ordóñez Otero, Convidan ao Pleno: 1. A acudir o IES Féliz Muriel o día 8 de marzo ás 12.00 h para a lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 4º da ESO. Será lido ante o mural pola igualdade, no corredor. A continuación farase o...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social para o ano 2017 REQUISITOS Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia Ser o/a pagador/a da correspondente factura de...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas economicamente máis vulnerables   Requisitos Que os ingresos totais de todas as persoas que conviven no domicilio no momento de presentar a solicitude, non superen o IPREM (6.390,13 € anuais) na declaración...

A Área de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo organiza a actividade de “Campamento Nadal 2016” dirixido a rapaces e rapazas do Concello de Rianxo, con idades comprendidas entre o 3 e os 10 anos. Esta actividade desenvolverase desde o 26 de decembro de 2016 ao 4 de xaneiro de 2017, de luns a venres, e en horario de 10:00 h. a 13:00 h., nas dependencias do CEIP “A.D.R....

O Concello de Rianxo subscribiu un acordo co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a súa adhesión ao convenio de colaboración entre este organismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) co fin de desenvolver o Programa de Vivendas Baleiras no ámbito do plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020. Bando informativo Bando...

Dentro da programación do 25 N, este sábado día 12  no Auditorio de Rianxo,  Obradoiro de Teatro en Familia, " Eu (nós) decidimos"  para nenos e nenas de  6  a 9 anos. Dirixe Esther F. Carrodeguas Organiza Concello de Rianxo. Inscricións: Servizos Sociais Comunitarios Ctra. Tanxil, 12 - Rianxo Telfs. 667185588 // 981 86 00 61

A Consellería de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, dirixido ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal e poidan así pasar estas datas acompañadas doutras persoas que se atopan na mesma situación. O programa contempla o aloxamento durante 11 días (10 noites), manutención en réxime de pensión completa, actividades de animación...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 151 - 200 de 286 resultados.