Servizos Sociais

- Últimas actuacións de Servizos Sociais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Últimas actuacións de Servizos Sociais

Rematada a campaña de recollida de xoguetes faise unha valoración moi positiva da mesma, xa que era a primeira vez que se realizaba no noso concello e tivo moi boa acollida entre a veciñanza. Conseguíuse xuntar unha gran cantidade de xoguetes que foron repartidos entre un total de 27 nenos e nenas.

Así mesmo dende a concellería de Servizos Sociais estase prestando unha especial atención a aquelas familias con escasos recursos económicos.  A día de hoxe aténdese a un total de 43 persoas no programa de alimentos.
Tamén cabe mencionar que se cerrou o exercicio de becas municipais das que foron concedidas todas aquelas que cumprían os requisitos, sendo beneficiarias das mesmas 33 persoas.
A Concellería de Servizos Sociais quere agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que doaron xoguetes, roupa e alimentos para a xente que peor o está pasando nestes momentos.

More Blog Entries