Servizos Sociais

- Tarxeta Benvida - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Tarxeta Benvida

A tarxeta Benvida ten como finalidade paliar o custo que leva aparellado a crianza e coidado dos fillos e fillas, dirixíndose  a contribuír ao pagamento dos gastos realizados no primeiro ano de vida do neno ou nena.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de DNI ou NIE e que se atopen nun dos seguintes supostos:

  • Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.
  • Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.
  • Ter constituída a adopción, acollemento familiar permanente ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun o máis menores de ata tres anos de idade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025

2. As galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2025.

3. Aquelas familias que obtiveran a axuda de carácter xeral de 1.200 € nas convocatorias dos anos 2023 e 2024 e non accedesen á axuda no segundo ano de vida e ata o que o neno faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución nos supostos de adopción ou garda con fins adoptivos por superar os ingresos previstos para iso, poderán beneficiarse da axuda no caso de experimentar unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.

4. Aquelas familias que non optasen á dita axuda nas referidas convocatorias, por superar os 45.000 euros de renda familiar ou os 13.500 euros de renda per cápita, e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar e concorran á presente convocatoria.

REQUISITOS

  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que a renda da unidade familiar da declaración do último período impositivo non supere os 45.000 €. No suposto de que os ingresos fosen superiores á dita contía, a renda per cápita non deberá superar os 13.500€.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda.
  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes.
  • As persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2025 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.
  • Para ter dereito á axuda excepcional prevista no artigo 4.4 (percibir a axuda un ano mais), a unidade familiar debe estar en situación de especial vulnerabilidade declarada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos e ter un recurso do dito sistema público pendente de resolución.
  • Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
  • No suposto de ter concedida a Tarxeta Benvida durante o estado de xestación, non pode volver solicitarse esta axuda unha vez nacido o fillo ou filla e, igualmente, no caso de solicitudes para nenos/as en situación de garda con fins adoptivos, non pode volver solicitarse no momento de constituírse a adopción

TIPO DE AXUDA

  • Con carácter xeral, a contía total será de 1.200 € por cada fillo/a durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400€ a razón de 200€/mes.
  • Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra os tres anos, ou ata que se cumpran tres anos da resolución para os supostos de adopción ou de garda con fins adoptivos.
  • As contías dos puntos anteriores incrementaranse un 25% no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes.
  • Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea valorada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos, en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de concesión e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena cumpra os tres anos.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)
  • Na Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da  Consellería de Política Social e Xuventude

PRAZO DE SOLICITUDE

  • Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente.
  • No suposto de muller xestante, en calquera momento do ano 2025 sempre que supere as 21 semanas de xestación.
  • No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2025 e sempre que o fillo ou filla nacera no dito ano 2025, o prazo será de tres meses, que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. 
  • As familias que puidesen ser beneficiarias nos termos indicados no artigo 3.3 disporán desde o 30 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2025 para esta finalidade, e deberán presentar o anexo III e, se procede, o anexo II, no caso de ter a axuda xeral ou o anexo I no suposto de non ter optado á axuda no ano de referencia por superar ingresos nesa anualidade
  • No suposto excepcional de ampliación da axuda ata un ano máis, a comunicación da situación de especial vulnerabilidade, anexo IV, realizarase dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.

MÁIS INFORMACIÓN

More Blog Entries