Servizos Sociais

- Ingreso mínimo vital - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Ingreso mínimo vital

 O ingreso mínimo vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.  A través deste instrumento perséguese garantir unha mellora de oportunidades reais de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias. 

Persoas beneficiarias

  • As persoas integrantes dunha unidade de convivencia
  • As persoas de polo menos 23 anos e menores de 65 anos que viven soas, ou que, compartindo domicilio cunha unidade de convivencia nos supostos do artigo 6.2. c), non se integran nesta, sempre que concorran as seguintes circunstancias:
  1. Non estar unidas a outra por vínculo matrimonial ou como parella de feito nos termos definidos no texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, salvo as que iniciasen os trámites de separación ou divorcio ou as que se atopen noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente, ás que non se lles esixirá o cumprimento desta circunstancia
  2. Non formar parte doutra unidade de convivencia, de conformidade co previsto no presente Real decreto-lei.
  3. Deberán vivir de forma independente durante polo menos tres anos antes da solicitude do IMV

Non se esixirá o cumprimento dos requisitos de idade, nin os previstos nos apartados 1º e 2º desta letra, nos supostos de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual.

Non poderán ser beneficiarias da prestación do ingreso mínimo vital as persoas usuarias dunha prestación de servizo residencial, de carácter social, sanitario ou sociosanitario, con carácter permanente e financiada con fondos públicos, salvo no suposto de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual, así como outras excepcións que se establezan regulamentariamente.

As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos de acceso á prestación establecidos no artigo 7, así como as obrigacións para o mantemento do dereito establecidas no artigo 33.

Requisitos de acceso

Todas as persoas beneficiarias, estean ou non integradas nunha unidade de convivencia, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter residencia legal e efectiva en España e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude. Non se esixirá este requisito respecto de:

  • Os menores incorporados á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
  • As persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual, que acreditarán esta condición a través dun informe emitido polos servizos públicos encargados da atención integral a estas vítimas ou polos servizos sociais, así como por calquera outro medio de acreditación que se desenvolva regulamentariamente
  • As mulleres vítimas de violencia de xénero

Para os efectos do mantemento do dereito a esta prestación, entenderase que unha persoa ten a súa residencia habitual en España aínda cando tivese estancias no estranxeiro, sempre que estas non superen os noventa días naturais ao longo de cada ano natural, ou cando a ausencia do territorio español estea motivada por causas de enfermidade debidamente xustificadas.

b) Atoparse en situación de vulnerabilidade económica por carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes

c) Solicitar as pensións e prestacións vixentes ás que puidesen ter dereito, nos termos que se fixen regulamentariamente. Quedan exceptuados os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas.

d) Se non están a traballar e son maiores de idade ou menores emancipados, figurar inscritas como demandantes de emprego, salvo nos supostos que se determinen regulamentariamente.

Compatibilidade

A percepción do IMV será compatible coas rendas do traballo ou a actividade económica por conta propia da persoa beneficiaria individual ou, no seu caso, dun ou varios membros da unidade de convivencia nos termos e cos límites que regulamentariamente se establezan.
Regulamentariamente poderanse establecer, para supostos excepcionais de vulnerabilidade que sucedan no mesmo exercicio, os supostos e condicións nos que poderán computar os ingresos e rendas do exercicio en curso para os efectos de acceso a esta prestación.

Incompatibilidade ​​​​​​​

A percepción da prestación do IMV será incompatible coa percepción da asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo, sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33%, cando exista identidade de causantes ou beneficiarios desta, sen prexuízo da posibilidade de exercer o dereito de opción por unha delas.

Lugar de presentación

Preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social ou a través daqueles outras canles de comunicación telemática que o INSS teña habilitados para os efectos, sen prexuízo do que poida establecerse no marco dos convenios.

Prazo

As solicitudes de acceso á prestación económica poderán presentarse a partir do día 15 de xuño de 2020.

Máis Información

​​​​​​​