Servizos Sociais

- Día das persoas maiores. Guadalupe 2018 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Día das persoas maiores. Guadalupe 2018

Un ano máis, os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Rianxo organizan o Xantar Festeiro para o mércores 12 de setembro, "Día das Persoas Maiores".

Instalarase unha carpa na Praza da Virxe de Guadalupe e contarase coa actuación do Dúo Canela Cafuné e o baile de sobremesa correrá a cargo do Dúo Charada.

 As inscricións e recollida de invitacións poderanse facer dende o 22 de agosto ata o 5 de setembro.

O prezo por cada participante será de 15 €.

 

.