Servizos Sociais

- Cursos da Mancomunidade Arousa Norte - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Cursos da Mancomunidade Arousa Norte

A Mancomunidade Arousa Norte vai a desenvolver nos vindeiros meses a seguinte oferta formativa:

  1. A inserción laboral en Arousa Norte:
  • A procura activa de emprego.
  • Auxiliar de sala e cociña
  • A contratación de persoas inmigrantes
  • A lei de estranxeiría aplicada ao emprego

   2. Xornadas de sustentabilidade dos aproveitamentos forestais:

  • Aproveitamentos forestais e non forestais na serra do Barbanza
  • Xornada "Proxecto de viabilidade empresarial adaptado á realidade dos nosos montes"

   3. A accesibilidade universal como oportunidade de negocio.

 

As inscricións pódense facer a través dos Servizos Sociais Comunitarios (crta. de tanxil, 12)