Servizos Sociais

O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo para alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio(Primaria e Secundaria), para o curso escolar 2020-2021. - Convocatoria das axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo. - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Convocatoria das axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo.

O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo para alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio(Primaria e Secundaria), para o curso escolar 2020-2021.

PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS

1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de:

  • Dispositivos electrónicos e accesorios

  • Material escolar

  • Roupa e material deportivo

2. O alumnado de ensino obrigatorio poderá acceder ás axudas de:

  • Dispositivos electrónicos e accesorios

  • Roupa e material deportivo.

TIPO DE AXUDA

  • Dispositivos electrónicos e accesorios: contía máxima da axuda do 75% da factura presentada cun máximo de 300€ por unidade familiar.

  • Material escolar: contía máxima da axuda de 50,00 €.

  • Roupa e material deportivo: contía máxima da axuda de 75,00 €.

REQUISITOS

  • As axudas irán destinadas ao alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio que dispoñan na súa unidade familiar de rendas familiares inferiores ao 1.5 do IPREM.

  • As familias destinatarias deberán ter a residencia e o empadroamento real e efectivo no Concello de Rianxo.

  • O alumnado destinatario deberá ter, no curso escolar 2020-21, a matrícula realizada nun centro de ensino do Concello de Rianxo.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

PRAZO DE SOLICITUDE    20 días naturais dende a publicación das bases no BOP

MÁIS INFORMACIÓN​​​​​​​

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estrada de Tanxil, 12.)

  • Teléfono: 981 860 061

  • Whatsapp: 604024012

  • Correo-e: servizossociais@concelloderianxo.gal​

 


ANEXOS

Bases 

Solicitude

Anexo 2

Anexo 3

Anexo 4