Servizos Sociais

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación convoca estas axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes do subministro eléctrico ás persoas que teñen a condición de consumidor/a vulnerable severo. - Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación convoca estas axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes do subministro eléctrico ás persoas que teñen a condición de consumidor/a vulnerable severo.

REQUISITOS 

  • Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40% na factura do subministro).

  • Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica.

  • Estar en risco de exclusión social.

  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións de Galicia.

  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    TIPO DE AXUDA

    Os gastos subvencionables serán o 50% do importe das facturas de electricidade correspondente á vivenda habitual da persoa solicitante acollida á tarifa de último recurso (TUR) para consumidor vulnerable severo (bono social do 40 %), que estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses antes da data da solicitude e o 30 de novembro de 2021.

    A contía da subvención será a cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas.

    PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

  • Preferentemente será por vía electrónica: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal e https://sede.xunta.gal

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

    PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 2 de novembro de 2021

MÁIS INFORMACIÓN

  • Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal

  • Teléfonos de información: 981 957 024 e 981 545 574

  • No enderezo electrónico: ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estr. de Tanxil, 12/ 981 860 061 / www.concelloderianxo.gal)

More Blog Entries