Servizos Sociais

Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E) - Axudas nos alugueiros de vivenda habitual para minimizar o impacto económico e social da COVID-19 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas nos alugueiros de vivenda habitual para minimizar o impacto económico e social da COVID-19

Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E)

Tipo de Axuda

A contía da axuda será de ata 500 € mensuais no caso de alugueiro ou ata 3.000 € no caso de ter accedido ás axudas reguladas no art. 9 do Real decreto-lei 11/2020. A axuda concederase polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da COVID19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.​​​​​​​

Requisitos xerais de vulnerabilidad económica

  • Que a persoa con obriga de pagar a renda de alugueiro da vivenda habitual, como consecuencia do impacto da COVID19, teña problemas transitorios para atender o pago do dito aluguer por pasar a estar en situación de desemprego, Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario/a, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos e non alcancen o límite de ingresos establecido.

  • Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas, do mes anterior á solicitude da axuda, resulten superiores ou iguais ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

Persoas beneficiarias

  • Ser persoa física maior de idade, na condición de persoa arrendataria de vivenda habitual e acredite estar en situación de vulnerabilidade económica.

  • Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.

  • Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral e da forma de pagamento.

  • Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Lugar de presentación:

Preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as solicitudes poderanse presentar nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro de 2020

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

  • Área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo