Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Campamento de Verán Rianxo 2021

O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Verán Rianxo 2021. Celebrarase do 5 de xullo ao 27 de agosto, de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h, e contará con Plan Madruga, de 08.00 a 10.30. Está destinado a nenos e nenas nados dende o ano 2009 ata o ano 2017, cun total de 130 prazas, distribuídas do seguinte xeito:     Pazo de Rianxiño: 50     CEP Brea Segade: 40     CEIP Ana Mª Diéguez: 20...

Rianxo bótase ao mar

Excursións por mar nos meses de verán. Colabora: Concello de Rianxo.

Presentación do libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos" de Xosé Estévez

O vindeiro venres 25 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos", de Xosé Estévez. Xunto co autor, participarán no acto Uxío-Breogán Diéguez (autor do limiar), Roberto Abuín (editor do volume), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021. Só con reserva de localidades no enderezo web...

Campaña de Vela e Windsurf 2021     

Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela e Windsurf 2021 organizada pola Deputación da Coruña. O curso de Vela desenvolverase do 9 ao 13 de agosto e vai dirixido a rapaces e rapazas empadroados/as nun concello da provincia da Coruña, nados entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012 ambos inclusive, se ben terán prioridade os nenos e nenas empadroados no noso Concello, tendo reservadas 8 prazas en curso. Inscricións: O pazo de...

Presentación da novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan

O vindeiro venres 18 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase a novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan. Xunto co autor, participarán no acto Carlos de Jesús Cimadevila (profesor e activista sociocultural) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021. Só con reserva de localidades no enderezo web

Presentación do libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato

O vindeiro venres 11 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato. Xunto co autor, participarán no acto X.  Ricardo Losada (profesor e escritor) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021. Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas...

Presentación do libro Os Rosales - O son da festa

O vindeiro venres 04 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro Os Rosales - O son da festa, de Fina Fernandez Fernández e Cristian Castrelo. Xunto cos autores, participarán no acto Xosé Romero e Maruxa Miguéns (Os Rosales) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021. Só con reserva de localidades no enderezo web

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 27 de maio de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 27 de maio de 2021, coa seguinte ORDE DO DÍA 1. Aprobación da Acta nº 6/2021 da sesión ordinaria do Pleno do 29 de abril de 2021. ​​​​​​​2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 3. Moción da Alcaldía para declarar as Alfombras como Patrimonio Cultural da Humanidade. 4. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: Implantar na zona urbana de...

Concerto  XVIII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo "Un paseo por Rianxo"

O vindeiro domingo 23 de maio, ás 12.00 h, retransmitirase o Concerto XVIII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo "Un paseo por Rianxo", pola canle de Youtube. Podes seguir o concerto neste enlace.

Colaboración no financiamento dos Servizos Sociais

A Deputación da Coruña publicou no BOP núm. 87 do 11 de maio de 2021, a resolución pola que aproba a concesión definitiva de subvencións correspondente ao programa FOPPSS/2021: PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NO ANO 2021. O Concello de Rianxo figura como entidade beneficiaria cos seguintes módulos e contías: CONCELLO DE...

Acción de Verán 2021

A Xunta de Galicia acaba de convocar o programa Acción de Verán 2021, con campamentos e campos de voluntariado para este verán. Os campamentos de verán están dirixidos á mocidade de 9 a 17 anos, e poderanse solicitar ata o 28 de maio. Para os campos de voluntariado, dirixidos á mocidade a partir de 16 anos, pódense solicitar desde o 19 de maio. Podes consultar toda a información na web de Xuventude.

Campionato Galego de Traiñeiriñas

Os vindeiros 22 e 23 de maio celebrarse nas augas do porto de Rianxo, o Campionato Galego de Traiñeiriñas, coa participación, entre outros, do Club Remo Rianxo. A proba comezará o día 22 ás 17.00 h coas clasificatorias. O 23 será paras as finais a partir das 11:30 h. Previamente, ás 10:30, terá lugar a "I Regata de Veteranos Concello de Rianxo". Sorte a todos!

Apertura do curso de RCP e DESA a toda a poboación

O Servizo de Deportes abre á poboación maior de 18 anos a posibilidade de participar nun curso de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP) e DESA (Desfibrilador Semiautomtico). O obxectivo é iniciar aos participantes no manexo dos DESA e no soporte vital básico, como posibles primeiros intervinientes ata a chegada dos servizos de emerxencia. O número de prazas ofertadas é de 26, e serán 6 para o vindeiro 22 de maio, e as 20 restantes noutra edición con data por determinar. O...

Concerto da pianista armenia ANNA SARKISOVA

O vindeiro venres 28 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto da pianista armenia Anna Sarkisova.  Esta proposta enmárcase no  Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021. Entrada de balde.  Só con reserva previa de localidades entre os días 12 e 27 de maio, a través de formulario no enderezo web

Presentación do libro Un señor elegante de Suso de Toro

O vindeiro venres 21 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do  Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro Un señor elegante de Suso de Toro. Contará coa participación do autor, Xosé Luís Axeitos Agrelo (profesor e académico da RAG) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Apertura e peche musical a cargo de Iago Hermo. Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas...

Obradoiro de regueifa para adultos, con Lupe Blanco

Obradoiro de regueifa para adultos con Lupe Blanco Queres saber de que vai isto da regueifa? Lembras se en Rianxo se regueifaba? Se queres aprender a regueifar, coñecer un pouco da historia deste xeito de cantar improvisando, das modalidades semellantes que existen noutros lugares... este é o teu obradoiro.  Día: sábado, 22 de maio Hora: 11.00 h Lugar: Liceo marítimo rianxeiro Para inscribirse: enviar correo electrónico...

Actividades sobre ciberseguridade e videoxogos nos centros de ensino

O Concello de Rianxo organiza dúas actividades nos centros escolares municipais ao longo dos meses de maio e xuño, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. A primeira actividade é un relatorio sobre seguridade e tecnoloxía: "Non enredes nas redes: virus, videoxogos, hackers e youtubers...". Un percorrido pola historia das ameazas e perigos nas redes relacionadas co lecer das crianzas: videoxogos, redes sociais e contidos na rede. A segunda actividade é un obradoiro de...

Presentación do libro Hemisferio auga de José Carou Rey

O vindeiro sábado 15 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo,  o autor rianxeiro José Carou Rey presenta a súa obra Hemisferio auga. Xunto co autor, participarán no acto Salvador Laíño (Ilustrador) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Lectura de poemas a cargo  do escritor Anxo Muíños e peche musical a cargo do violenchelista Antonio Florencia Fernández Lavid. Programa enmarcado no Maio Cultural 2021. Só con reserva...

Presentación do libro Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, de Miguel Anxo Seixas

O vindeiro venres 14 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, Miguel Anxo Seixas presenta a súa obra Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, dentro dos actos do Maio Cultural 2021. A presentación contará coa presenza de Miguel Anxo Seixas (autor), Francisco Fernández Rei (profesor da USC e académico da RAG), Juan Conde Roa (Consorcio de Santiago) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Só con reserva de localidades no enderezo web...

Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas, por Loli Crespo e Alejo Amoedo

O vindeiro sábado 15 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo presentan Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas, dentro do Programa de Música de Cámara - IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021. Só con reserva de localidades  entre os días 6 e 14 de maio no enderezo web  

Xustificación final da subvención PEL REACTIVA 2020 - Documentación pendente

Co fin de axilizar o pago das axudas PEL REACTIVA, requírese ás empresas beneficiarias da subvención que presenten a documentación necesaria, e que se indica de seguido, para comprobar dous requisitos establecidos na Base 14ª da convocatoria e que marca as obrigas dos/as beneficiarios/as das axudas: Documento acreditativo que xustifique a obriga dos/das beneficiarios/as de permanecer en alta no Réxime Especial da Seguridade Social de Traballadores por Conta Propia/...

A Deputación da Coruña concédelle ao Concello de Rianxo unha subvención para a contratación dun/ha axente de igualdade

O Concello de Rianxo disporá deste persoal e dun novo servizo grazas á axuda concedida pola Deputación da Coruña.             Publicación no BOP

Camiñando entre mulleres 2021: Lara Torres

Mañá, de 10:00 a 12:00 h, nova sesión do ciclo Camiñando entre mulleres, organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel e co que colabora o SNL do Concello de Rianxo. Lara Torres é técnica superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ilustradora, muralista, docente... falaralle ao alumnado do IES Félix Muriel do seu percorrido vital e profesional, técnicas, influencias... Tamén...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 29 de abril de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 29 de abril de 2021, coa seguinte ORDE DO DÍA Parte resolutiva 1. Aprobación da Acta nº 5/2021 do Pleno en sesión ordinaria do 25 de marzo de 2021. 2. Ratificación da Resolución da Alcaldía nº 320/2021 con data do 15/4/2021: Subsanación requirimento Deputación da Coruña Obra POS+2021 (Aprobación do Proxecto modificado de Básico e de execución "Cambio de cuberta do...

Teatro: Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico.

Co gallo do Día do Libro, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo levan as Letras Galegas á escena, coa representación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico. A obra será o vindeiro sábado 24 de abril, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo. Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf 981 100 688, do 17 ao 23 de abril, de 9:00 a 13:30, en...

PEL-Concellos Reactiva 2021

O Concello de Rianxo vai presentar proximamente no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, as ofertas de emprego para a contratación do persoal necesario para o Programa de Integración Laboral PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2021. O obxecto deste programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de...

Axudas nos alugueiros de vivenda habitual para minimizar o impacto económico e social da COVID-19

OBXECTO Trátanse de axudas ao aluguer, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19 teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do aluguer. Tamén inclúe a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 do Real Decreto-Lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte...

Horarios de apertura e reserva

Actualizamos os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos: do 5 ao 30 de abril. Así mesmo, tamén se actualiza o horario de reserva da pista polideportiva do colexio Ana Mª Diéguez (Asados). As reservas poden facerse no pavillón polideportivo de Rianxo ou na oficina do Servizo de Deportes. Lembramos que tamén se poden reservar as redes de tenis para o seu uso nas pistas exteriores do concello. Estas reservas faranse nos lugares antes citados.

Camiñando entre mulleres 2021

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, volven a colaborar na organización do ciclo de relatorios Camiñando entre mulleres, unha actividade educativa que procura achegarlle ao alumnado do centro educativo referentes femininas que destacan no seu ámbito profesional empregando a lingua galega: operarias, investigadoras, escritoras, muralistas... Este ano participan no...

Seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo farán prácticas en Irlanda polo programa Erasmus+

Grazas ao Programa Erasmus+, seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia viaxarán ata a República de Irlanda para facer as súas prácticas na Asociación Ikkaido, na sede que ten na cidade de Tralee, no condado de Kerry. Por cuarto ano consecutivo, aínda que non foi doado, o instituto rianxeiro segue apostando pola internacionalización do seu centro de ensino a través dos seus proxectos. A pesar da pandemia da...

Renovación de luminarias para o proxecto de adaptación do alumeado público para a eficiencia enerxética

O Concello de Rianxo está a realizar nestas semanas o troco de luminarias previsto no proxecto Renovación e adaptación do alumeado público, proxecto que pretende mellorar a eficiencia enerxética do Concello e que prevé a substitución progresiva do alumeado por lámpadas LED, así como a instalación de novos cadros de mando. Nesta fase, o proxecto, financiado nun 80% polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía-Ministerio de Transición Ecológica) e nun...

Rianxo acollerá a primeira regata da Eusko-Label Liga da súa historia

Os equipos participantes xa saben o camiño que deberán seguir esta tempada, unha vez que a asemblea da ACT deu o visto e prace ao calendario 2021. É fíxose cunha novidade: Rianxo. A vila mariñeira acollerá, por primeira vez na súa historia, unha regata da máxima categoría de traiñeiras de España. A cita será o vindeiro 7 de agosto no peirao de Rianxo, e farao da man da Barbanza Arousa, que quere aproveitar o tirón da competición para mostrar o seu potencial turístico.

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

​​​​​​OBXECTO DAS AXUDAS E CONTÍA Trátase de axudas económicas ás persoas inquilinas para o alugamento de vivendas, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, convocadas para a anualidade 2021, nas seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Axuda ao alugamento de vivenda a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento ou do 50 % no caso de persoas beneficiarias maiores...

Comeza o Enreguéifate 2021!!

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 25 de marzo de 2021

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 25 de marzo de 2021, coa seguinte ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta nº 4 do 25 de febreiro de 2021. 2. Modificación da base de execución 26ª para a inclusión dunha nova subvención nominativa. 3. Cancelación do monte consorciado do Concello de Rianxo "Pena e Leoiras". 4. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 5. Moción da Alcaldía: a...

Espectáculo científico "Código Sapiens" con Vicente Mohedano e Xurxo Mariño

O vindeiro venres 26 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o espectáculo científico Código Sapiens, Mens Lingua-Lingua Mens, unha exploración da ciencia na linguaxe, por Vicente Mohedano e Xurxo Mariño. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este espectáculo de temática científica está dirixido ao alumnado de 2º da ESO do IES Félix Muriel. Código Sapiens A linguaxe! Usámola a diario tanto para...

Espectáculo teatral A Gran Viaxe, por Inventi Teatro

O vindeiro venres 26 de marzo, no CEIP Castelao de Rianxo, representarase a obra teatral A Gran Viaxe, de Inventi Teatro. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este espectáculo está dirixido aos escolares do CEIP Castelao de Rianxo. A Gran Viaxe A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos...

Monólogo "Contos de Contrabando" por Avelino González

O vindeiro xoves 25 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o monólogo Contos de Contrabando do actor Avelino González. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este monólogo está dirixido ao alumnado de 1º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo. Contos de contrabando Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida...

Concerto didáctico "24 instrumentos populares galegos" por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

O vindeiro martes 23 de marzo, no CEP Brea Segade de Taragoña, celebrarase o Concerto 24 instrumentos populares galegos polos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este concerto didáctico está dirixido aos escolares do CEP Brea Segade de Taragoña. 24 instrumentos populares galegos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero lévannos de viaxe a través dos instrumentos da tradición...

Unha figueira da Casa de Rosalía para o Pazo de Rianxiño

O pasado sábado 20 de marzo o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, plantaron unha figueira procedente da Casa Rosalía no Pazo de Rianxiño. Con este simbólico acto, ratificouse a sinatura do convenio de mecenado que o concello rianxeiro fixo efectivo en Padrón o mes pasado. Rianxo convértese así no noveno concello amigo da Casa de Rosalía, unha casa que é a de todas as galegas e galegos. En virtude do convenio anual asinado...

Apertura do prazo de inscrición nas probas para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga) 2021

Prazo de inscrición: do 18 de marzo ao 12 de abril de 2021. Modo de inscrición: telemático preferentemente, mais tamén se pode facer presencial. Lugar de inscrición: premendo aquí. As persoas que desexen inscribirse nas probas para a obtención dos Certificados en Lingua Galega (Celga) deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo...

Publicación da concesión definitiva das axudas do PEL-Reactiva

O Concello de Rianxo resolveu a concesión das axudas do Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-Reactiva), coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar os danos derivados da pandemia da COVID-19 ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas. Publícase esta resolución de concesión definitiva segundo o establecido na base 11ª das Bases da convocatoria e notificarase ás persoas...

Concerto do grupo Galifunk

O vindeiro sábado, 27 de marzo, ás 20.00 h, o grupo Galifunk realizará un concerto na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades no enderezo web  

Proxección do filme Somos Criminais

O vindeiro venres, 26 de marzo, ás 20.00 h, proxectarase o filme Somos Criminais na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Adaptación audiovisual do exitoso espectáculo (con máis de 60.000 espectadores, foi o espectáculo con máis entradas vendidas da historia do teatro en Galicia) de Carlos Blanco e Touriñán, dirixido por Tito Asorey e Jairo Iglesias.  Só con reserva de localidades no enderezo web   https://concelloderianxo.gal/reservas...

Atrapa a nespra, obradoiro formativo para a elaboración de trampas para a velutina

Desde o Concello de Rianxo, en colaboración coa Agrupación Local de Protección Civil, o vindeiro sábado 27 de marzo, organízase un obradoiro formativo para a elaboración de trampas e atraentes caseiro para atrapar nos meses de primavera as raíñas de nespra velutina. Lugar: Liceo Marítimo Rianxeiro Hora: 11:00 Aforo: 15 persoas, segundo orde de inscrición É necesaria a inscrición previa, no telefono 981 860 808 ou por correo electrónico:...

Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio, de Xosé Luís Axeitos

Xoves 18 de marzo, ás 20.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021: Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da AC Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do autor. Intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras Manteiga. Apertura e peche musical a cargo de Sara García...

Conversa en liña polo 8M con Jorge García Marín: Papá, por que non pintas as unllas de cores?

O pasado 25N anulouse, por mor da situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19,  unha das actividades previstas da Escola de Familias 2020, a presentación do libro Papá, por que non pintas as unllas de cores? do sociólogo da USC Jorge García Marín.  Nesta obra reflexiónase sobre a necesidade de deconstruír a educación dos homes desde unha nova perspectiva, feminista e integradora. Trátase dun libro sobre as novas masculinidades que temos que...

A rede europea WiFi4EU entra en funcionamento en Rianxo

O Concello de Rianxo completou o despregue dos 10 puntos de acceso no noso municipio que conforman a rede pública aberta WiFi4EU. A Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Comisión Europea subvenciona a adquisición do equipamento con 15.000 €, que o Concello completa con 21.749,44 € de fondos propios para garantir o subministro de datos durante os tres vindeiros anos. A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso da cidadanía a conexións wifi abertas e...

Monólogo Duarte Galbán: Vello aos vinte e pico

O vindeiro sábado 20 de marzo, ás 20.00 h, Duarte Galbán presenta o seu espectáculo Vello aos vinte e pico, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión o artista rianxeiro estará acompañado dun artista convidado. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, desde o 8 ata o 18 de marzo, de 9:00 a 13:30, en días laborais. É...

Campaña OitoM

Este ano as actividades serán en liña, mais continuarán sendo gratuítas e en aberto. Máis información neste enlace.