
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Entroido Rianxeiro 2025
Do 28 de febreiro ao 08 de marzo, organizado polo Concello de Rianxo e as entidades asociativas, con actividades para todos os públicos: música, concursos, xogos, inchables e moita diversión. Consulta no cartaz toda a información. Cartaz Entroido Rianxeiro 2025
CURSO: Lingua de Signos A1.1
CURSO: Lingua de Signos Española A1.1 Datas formación: 11, 13, 18, 20, 25, 27 de marzo; 1, 3, 8, 10 de abril (martes e xoves) Horario: 16.30 a 19.30 h Duración: 30 h Lugar: Aula Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo Destinatarios: preferentemente mocidade de 16 a 35 anos (ambos inclusive). Se non se cubren as prazas poderá participar a poboación maior de 35 anos. Inscrición: luns 17 febreiro ao...
O Camiño de Santiago 2025: O Camiño do Norte
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago 2025: O Camiño do Norte”, que se corresponde ao percorrido do Camiño de Santiago con saída desde Ribadeo (Lugo). A actividade desenvolverase en 8 etapas, nos meses de Marzo, Abril, Maio e Xuño, desde Mondoñedo ata Santiago de Compostela. O prazo de inscrición xa está aberto, e remata o 26 de febreiro ás 14 h. As preinscricións poderán formalizarse do seguinte enlace da plataforma Cluber,...
TEATRO INFANTIL: O mundo máxico de Pinocho
TEATRO INFANTIL: O mundo máxico de Pinocho, por Educateatro, unha obra de teatro musical con maxia de grandes ilusións, teatro de actor, corpóreos, sombras e piano en directo. Cando: Sábado 22 febreiro, 19:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Público...
TEATRO: De algo hai que morrer
TEATRO: De algo hai que morrer, de Malasombra Teatro. Unha conferencia fúnebre-cómico-teatral, na que dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Cando: Venres 14 marzo, 21:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata...
TEATRO: Esas cousas marabillosas
TEATRO: Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro-Elisardo de la Cruz. É unha peza tenra, emocionante e divertida. É unha comedia sobre a depresión e o suicidio. É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben. Esta peza do galardoado dramaturgo e director Duncan MacMillan, converteuse nun fenómeno teatral a nivel mundial. Cando: Venres 28 marzo, 21:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar...
TEATRO INFANTIL: Kyoki
TEATRO INFANTIL: Kyoki, de María Torres e Gonçalo Guerreiro - Elefante Elegante Teatro, un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade Cando: Sábado 22 marzo, 19:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2...
Tarxeta Benvida
A tarxeta Benvida ten como finalidade paliar o custo que leva aparellado a crianza e coidado dos fillos e fillas, dirixíndose a contribuír ao pagamento dos gastos realizados no primeiro ano de vida do neno ou nena. PERSOAS BENEFICIARIAS 1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de DNI ou NIE e que se atopen nun dos seguintes supostos: Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de...
Certame de carrozas e disfraces en grupo Entroido Rianxo 2025
O vindeiro domingo 2 de marzo, Rianxo acollerá o Certame de carrozas e disfraces en grupo do Entroido 2025, un evento de carácter popular e participativo. A tradición choqueira, a crítica satírica e a exaltación da cultura da festa serán os elementos clave desta celebración. Podedes consultar as bases e formularios de inscricións nos seguintes enlaces (recomendamos a súa lectura):
Acto institucional: Actos Castelao 2025. Ano Castelao
Acto institucional: Actos Castelao 2025. Ano Castelao Ofrenda Floral. Intervención de autoridades e acompañamento musical a cargo da Asociación Fogo Fatuo. Sábado 1 febreiro, 12.00 h. Busto de Castelao (Paseo da Ribeira)
Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo
Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia). Coa participación de Antón Riveiro Coello (novelista e membro de Barbantia), María Xesús Blanco (Presidenta de Barbantia), Marcos Calveiro (Editorial Galaxia) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo. Programación no marco dos Actos Castelao 2025....
Presentación do libro "Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979)"
Presentación de "Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979)”, a cargo de Xosé Luís Axeitos (editor literario e Académico da RAG), Xosé Díaz (Deseñador e Académico da AGBA), Valentín García Gómez (Secretario Xeral da Lingua) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Programación no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Venres 24 xaneiro, 20.30 h Centro Sociocultural-Auditorio, Salón de Actos (1º andar)
Sobes ao autobús do teatro? Nada se sabe
Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego O Concello de Rianxo participa novamente no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, coa proposta para asistir á obra "Nada se sabe", espectáculo pioneiro arredor da inclusión. Catro intérpretes con diversidade funcional cuestionan sobre o escenario a visión que a sociedade ten sobre a diferenza a partir dun texto orixinal de Manuel Lourenzo, e baixo a dirección de Ignacio...
TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións
TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Isabel Risco e Fran Rei son Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nesta peza de teatro cómico. Cando: Sábado 25 xaneiro, 20:30 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Todos os públicos. Proposta ao...
MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto
MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto, un proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes. Coa colaboración de Teatro Airiños. Proposta no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Cando: Sábado 18, 20:30 Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por...