Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 26 de novembro - concelloderianxo

Ordes do día das sesións do Pleno

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 26 de novembro

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 26 de novembro de 2020, coa seguinte

ORDE DO DÍA

Parte resolutiva

1. Aprobación da acta núm. 11 do Pleno ordinario do 29 de outubro de 2020.
​​​​​​​2. Ratificación, segundo o punto oitavo, da Resolución da Alcaldía núm. 146/2020 do 2 de marzo de aprobación do convenio de colaboración entre os concellos de Rianxo, Padrón, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro para a solicitude, xestión do servizo compartido, desenvolvemento conxunto e posta en funcionamento do programa integrado de emprego Ulla-Sar 2020, ao abeiro da Orde do 27/12/2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro de 2020).
3. Modificación da ordenanza fiscal número 17 reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
4. Crédito extraordinario 2/2020, financiado con remanente de Tesourería para gastos xerais.

Parte de control

1. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno.
2. Dación de conta da liquidación do Orzamento de 2019 e do informe de Intervención sobre o cumprimento dos obxectivos da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira.
3. Moción do grupo municipal PSOE: Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. 
​​​​​​​4. Rolda aberta de intervencións