Obras e servizos

- Inicio das obras de saneamento en Foxacos - concelloderianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Inicio das obras de saneamento en Foxacos

A empresa Nemesio Ordóñez iniciou os traballos de construción do saneamento da aldea de Foxacos, no Araño.

Durante tres meses, e cun importe final de 135.000 euros, acometerase esta actuación, que dará servizo á totalidade de vivendas do núcleo. Trátase ademais dunha actuación que supón a depuración autónoma con dous depósitos que evitarán o uso de bombeos ou de electricidade.

Os fondos dependen do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.