Obras e servizos

- Inicio das obras de instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo - concelloderianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Inicio das obras de instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo

A empresa Obras Gallaecia SL iniciou esta semana as obras para a instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo. Foi adxudicada por un importe de 55.465,09 € e ten un prazo de execución de 3 meses. Forma parte do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo e dará servizo a tres andares da antiga edificación que albergará servizos municipais e o Instituto Social da Mariña. Resolve, neste senso, os problemas de accesibilidade que afectaba aos centos de beneficiarios/as e afiliados/as do mar que tiñan o seu centro de referencia de atención nestas oficinas.

A obra contempla un ascensor exterior independente para acceder a cada unha das plantas do edificio.