Obras e servizos

Apróbase o abastecemenro de Corques, o cambio da cuberta do pavillón polideportivo, o saneamento e abastecemento en Quintáns, a creación do Centro de Información á Muller (CIM) e o reforzo da área de Servizos Sociais. - Aprobado o Plan Único 2021 da Deputación da Coruña - concelloderianxo

OBRAS E SERVIZOS

INFORMACIÓN XERAL

981860401

obras@concelloderianxo.gal

Concellería de Obras e Servizos Municipais

Obras e servizos

Aprobado o Plan Único 2021 da Deputación da Coruña

Apróbase o abastecemenro de Corques, o cambio da cuberta do pavillón polideportivo, o saneamento e abastecemento en Quintáns, a creación do Centro de Información á Muller (CIM) e o reforzo da área de Servizos Sociais.

A proposta do grupo de goberno (BNG-PSOE) contou coa aprobación dos grupos municipais do PP e Cidadáns e a única abstención de Rianxo en Común.

O Plan Único da Deputación procura seguir afondando no obxectivo de fomentar o abastecemento e o saneamento integral do Concello.

Neste senso, para achegar a auga do Ulla ao Araño promóvese unha actuación a modo de fase inicial que desde o depósito de Taragoña abastecerá Corques e baixará á estrada xeral AC305. Esta actuación, ABASTECEMENTO DE CORQUES-ESTRADA XERAL AC305 contará cun orzamento de 103.962,06 euros.

Como diciamos é a actuación previa imprescindíbel para acometer en vindeiros POS uns 200 metros a Outeiro e poder abastecer así A Casilla, primeira das zonas do Araño que recibiría traída pública. De aí a Pousada e á recta do Araño.

No que atinxe o plan complementario impulsa dúas actuacións:

1. CAMBIO DE CUBERTA DE PAVILLÓN POLIDEPORTIVO con 136.402,83 €. Para eliminar filtracións existentes dentro dun impulso xeral que se pretende ao pavillón principal do Concello polo que pasan milleiros de persoas no ano.

2. DOTACIÓN DE REDES DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGA NO LUGAR DE QUINTÁNS, NA PARROQUIA DE ISORNA - FASE I cun orzamento de 243.527,03 € é un proxecto que foi paralizado no seu momento dentro das actuacións da saneamento integral da ría da Xunta e que se rescatou para ser financiado polo Plan Único da Deputación. Quintáns é o núcleo máis grande do Concello que fica sen saneamento, unha situación que se corrixiría con este proxecto.

Creación do Centro de Información á Muller (CIM) e reforzo da Área de Servizos Sociais

Dentro da achega provincial de 144.008.82 € asignada ao financiamento dos gastos sociais extraordinarios que destina para o Concello de Rianxo optouse por unha dupla vía:

1. Reforzo de persoal técnico e/ou administrativo, adscrito aos servizos sociais, co obxecto de apoiar ao equipo actual, e facilitar a tramitación urxente das prestacións: 1 persoa, traballador/a social.

2. Creación Centro de Información á Muller (CIM) con dúas persoas: psicólogo/a e traballador/a social: 2 persoas.

As tres prazas novas levan un investimento de 72.021,06 €. Ademais disto reforzase o gasto corrente de axuda a domicilio con 71.987,76 €.

Gasto corrente e pagos a provedores

Tamén se destina a mellorar a xestión ordinaria a cantidade de 228.661,93 € para pagos pendentes a provedores e 100.965,23 € de financiamento de gasto corrente.

Pago de débeda bancaria

Destínanse 56.574,89 € a rebaixar a débeda financeira cos bancos.