Novas Tecnoloxías

- O proceso de implantación de Software Libre do Concello de Rianxo, destacado polo Open Source Observatory da Unión Europea - concelloderianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

O proceso de implantación de Software Libre do Concello de Rianxo, destacado polo Open Source Observatory da Unión Europea

O Open Source Observatory and Repository (OSOR), un proxecto da Unión Europea, vén de facerse eco do proceso de implantación de Software Libre no Concello de Rianxo, a través dunha entrevista co noso Departamento de Informática.

Tras coñecer a posta en marcha do servidor propio de Jitsi, o sistema libre de vídeo-conferencia, Gijs Hillenius, integrante do OSOR, contactou co Departamento de Informática do Concello de Rianxo para interesarse pola situación do noso concello en canto á adopción de tecnoloxías libres e de código aberto.

A través dunha vídeo-conferencia, Hillenius quixo coñecer, a través dunha entrevista por vídeo-conferencia, os pasos que se deron na implantación do software libre, e ao mesmo tempo achegar as experiencias doutros lugares por se ao noso concello lle poden valer de inspiración para o futuro.

Sobre a entrevista publicou un artigo no blog do OSOR.