Novas Tecnoloxías

- Estado do despregue da rede de fibra óptica en Rianxo - concelloderianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Estado do despregue da rede de fibra óptica en Rianxo

A compañía de telecomunicacións Telefónica de España, dentro do programa de extensión da banda larga de nova xeración (PEBANG 2018 e PEBANG 2019) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, está a despregar nova rede de fibra óptica nos núcleos de poboación do municipio de Rianxo.

As entidades de poboación incluídas no PEBANG 2018 son as seguintes:

Entidade de poboación número de vivendas

 A Vacariza

75

Os Xens

6

Asadelos

61

Burés

91

Monte Grande

88

Brión

122

As Cortes

82

O Pazo

87

A Cruz

6

Ourolo

21

* O despregue nestas entidades deberá estar rematado durante o ano 2020

As entidades do poboación incluídas no PEBANG 2019 son as seguintes:

Entidade de poboación número de vivendas

O Regueiro

6

Ermida

29

Foxacos

26

Os Lemos

44

Outeiro

61

Pousada

28

Rabado

28

Vilar

14

O Batán

15

A Casilla

10

Contrés

50

A Mámoa

9

Isorna

44

Sestelo

48

Meiquiz

21

Rañó

74

Palleiro

16

A Barraca

48

Tronco

5

Corques

14

Ourille

62

Paradela

38

Senra

38

Campo da Feira

5

A Coviña

109

As Pedriñas

6

* O despregue nestas entidades deberá estar rematado antes do 31 de decembro de 2021

​​​​​​​As instalacións realizadas rematan nas caixas CTO (Caixa Terminal Óptica), que se poden observar á intemperie nas fachadas dos edificios ou en postes. Delas parten cada unha das conexións de fibra óptica que abastecen as vivendas individuais, cunha lonxitude máxima do cable de arredor de 200 m, se ben en ocasións excepcionais poden acadar ata os 400 m.

O feito de ter unha destas caixas preto da vivenda é un indicador de que a túa vivenda pode optar a ter unha conexión de fibra óptica, se ben é necesario aclarar que a cobertura final depende doutros factores, entre os que se poden incluír os permisos dos propietarios dos inmobles adxacentes para instalar o cable polas fachadas das vivendas, a instalación de postes adicionais, ou o feito de que a vivenda apareza cun enderezo ou cunha numeración diferente na base de datos da compañía instaladora. Estes atrancos non son sempre doados de solucionar, e son competencia da compañía instaladora.