Novas Tecnoloxías

- Ampliación do prazo de inscrición nos cursos gratuítos de formación en liña - concelloderianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Ampliación do prazo de inscrición nos cursos gratuítos de formación en liña

O Concello de Rianxo ofrece 200 prazas para que a veciñanza poda acceder a unha selección de cursos de formación en liña.

As persoas que soliciten a participación no programa de formación deben ser maiores de 16 anos, estar empadroadas no Concello de Rianxo e dispor de equipamento para a conexión á plataforma en liña (un PC con calquera sistema operativo, tableta ou móbil,  e conexión á Internet) ademais de ter competencias dixitais básicas.

O prazo de inscrición iníciase o 1 de xullo ata o 31 de agosto, ou completar as 200 prazas por orde de solicitude. O alumnado admitido disporá de tres meses para completar os cursos solicitados.

A inscrición realizarase de forma preferentemente telemática na Sede Electrónica do Concello de Rianxo (https://sede.concelloderianxo.gal/ ​​​ou, de non ser posible, no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo (Praza Castelao, 1)