Notas de Prensa

- Cortes do tráfico polo I Tríatlon Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

Notas de Prensa

Cortes do tráfico polo I Tríatlon Concello de Rianxo

O vindeiro 2 de setembro celebrarase o “I Tríatlon do Concello de Rianxo”, que discorrerá polo centro urbano e zona portuaria.

Coa finalidade de garantir a seguridade das persoas participantes, procederase a cortar o tráfico no percorrido e horas de seguido sinaladas.

Data e hora: sábado, 2 de setembro de 2017, de 16.45 a 18.45 horas.

Percorrido: Rinlo, Setefogas, Paseo da Ribeira, Paseo do Porto, rúa entre galpóns novos do peirao, Autores da Rianxeira, estrada de Tanxil ata Xogo dos Bolos, e DP-3301, entre o Xogo dos Bolos e o lavadoiro de Brión.

Cortes de tráfico:

  1. Queda cortado o tráfico cara a Rianxo, no lavadoiro de Brión, para os vehículos que acceden a Rianxo procedentes da ponte de Catoira, Isorna e Leiro.
  2. Queda cortado o tráfico cara a Leiro-Isorna-ponte de Catoira no Xogo dos Bolos.
  3. Queda cortado o tráfico pola estrada de Tanxil, desde o Xogo dos Bolos, Autores da Rianxeira, Paseo da Ribeira, Paseo do Porto, Setefogas e Rinlo.
  4. Non poderán moverse os vehículos estacionados nas vías sinaladas no punto anterior e na DP-3301, entre o lavadoiro de Brión e o Xogo dos Bolos. E ademais non poderán abandonar a zona todos os vehículos que se encontren entre as citadas vías e a fachada marítima, se teñen que acceder a elas.
  5. As zonas das que non se poderá saír son: rúa sen nome fronte a correos en Rinlo, aparcamentos de Setefogas e da área da parada de autobuses, garaxes da zona interior do xardín interior do Paseo da Ribeira, zona portuaria, Loureiros, Castillo, Carbaxales de Arriba e Abaixo, Pedra Vixía, Punta Fincheira, Quenxo, Tanxil, Cortes (lado marítimo), Tronco, Pedreira, e Pozos (lado marítimo).
  6. A parada de autobuses de Rianxo trasladarase á rotonda do colexio Castelao.

Prégase a colaboración da veciñanza, para que, se ten previsto a utilización dos vehículos nas franxas horarias sinaladas, os retire dos lugares afectados con antelación suficiente para evitar contratempos e esperas innecesarias.