Normalización Lingüística

O alumnado do curso acudirá ás probas Celga que a Xunta de Galicia convocou para esta e a vindeira fin de semana. - Remate do curso de acollemento e integración lingüística - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 14.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Remate do curso de acollemento e integración lingüística

O alumnado do curso acudirá ás probas Celga que a Xunta de Galicia convocou para esta e a vindeira fin de semana.

A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Adelina Ces Quintáns, entregou onte no Auditorio de Rianxo os diplomas que certifican a asistencia do alumnado ao Curso de acollemento e integración lingüística que impartiu ao longo deste mes de setembro Tono Formoso, profesor da Cooperativa Fabaloba.

Este curso básico de lingua e cultura galega serviulle ao alumnado para preparar as probas Celga que se van celebrar proximamente en Santiago de Compostela. O certificado Celga facilitaralle ao alumnado o acceso a postos de traballo e a listaxes de contratación públicas.

Arxentina, Canadá, Andorra, Euskadi, Rumanía... son algunhas das orixes do alumnado ao curso que agradeceu ter a oportunidade de aprender un chisco sobre a nosa lingua e a nosa cultura. Despois desta experiencia, a maioría pretende continuar coa súa formación cultural e lingüística.

O curso tivera que ser interrompido por mor da COVID-19 no mes de marzo, mais retomouse neste mes de setembro, para o que se tiveron que cumprir as medidas de seguridade sanitarias recomendadas: espazo de metro e medio entre o alumnado, uso de máscaras e limpeza e desinfección de mans e obxectos de traballo.