Normalización Lingüística

O programa da Escola de familias 2020 do Concello de Rianxo, inserido dentro do Programa Apego, ofrecerá diversas actividades todas as tardes dos mércores no Liceo marítimo. - Cantos, contos e outras animaladas de Ana Facchini, inaugura a Escola de familias 2020 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 14.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Cantos, contos e outras animaladas de Ana Facchini, inaugura a Escola de familias 2020

O programa da Escola de familias 2020 do Concello de Rianxo, inserido dentro do Programa Apego, ofrecerá diversas actividades todas as tardes dos mércores no Liceo marítimo.

Bota a andar o programa da Escola de familias 2020, que en Rianxo se enmarca dentro do Proxecto Apego, campaña de dinamización lingüística para a primeira infancia impulsada por preto de trinta concellos de Galiza.

A Escola de familias 2020 tiña previsto botar a andar no mes de abril, mais por mor da alerta sanitaria tivo que cancelarse. De volta co curso escolar, os/as máis pequenos/as e as súas familias van poder gozar dunha serie de actividades deseñadas exclusivamente para eles: contacontos, obradoiros, charlas, saúde... conformarán a programación desta Escola que centrará a súa actividade nas tardes dos mércores dos meses de outubro a decembro.

As actividades iranse publicando con varios días de antelación, debido a que o seu desenvolvemento se poderá ver alterado segundo evolucione a situación sanitaria.

A actividade de benvida á Escola de familias 2020 é a seguinte:

Contos, cantos e outras animaladas, contada a cargo de Ana Facchini

Día: mércores, 7 de outubro

Hora: 17:30

Lugar: Liceo marítimo rianxeiro

Para participar nesta actividade hai que inscribirse previamente a través do seguinte correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ onde haberá que indicar:

- nome da crianza

- nome da persoa acompañante (deben indicar se viven xuntos ou non)

- número de teléfono

As prazas son limitadas.