Emprego

- Nova liña de axudas para adaptar a  produción das PeME's galegas á fabricación de material sanitario e de protección - concelloderianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Nova liña de axudas para adaptar a  produción das PeME's galegas á fabricación de material sanitario e de protección

Co obxectivo de que as empresas galegas poidan reorganizar a súa produción cara a fabricación urxente de material sanitario e de protección, a Xunta aprobou unha liña de axudas dotada con 2,5 millóns de euros, cofinanciada a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa impulsará a reorganización produtiva para facer fronte á emerxencia sanitaria.

As axudas, de ata 100.000 € en concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos e gastos que realicen as PeME's para adaptar a súa produción á fabricación dos seguintes materiais: téxtiles sanitarios, equipos de protección individual (máscaras, cortinas, traxes, gorros, luvas e pantallas de protección persoal), kits e consumibles de diagnose, alcoles e desinfectantes sanitarios, dispositivos de intervención ou tratamento, ventiladores e os seus compoñentes, elementos para a desinfección e outros equipamentos necesarios para a prevención e loita contra a Covid-19 ou o tratamento da enfermidade.
 
Os proxectos que opten aos apoios terán que ser validados polo Comité de fabricación de equipamento sanitario, posto en marcha pola Xunta para coordinar a fabricación en Galicia de equipos de protección individual (EPI) e outros produtos necesarios co obxectivo de contribuír a paliar a insuficiencia de medios de seguridade.


Máis información: liña de axudas para a fabricación de material sanitario e de protección

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47