Emprego

- Exposición itinerante "Descubre as cooperativas" - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Exposición itinerante "Descubre as cooperativas"

A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de municipios de Arousa Norte vai achegar ata o Auditorio Municipal de Rianxo a exposición itinerante “Descubre as cooperativas”.

A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que reúne os esforzos de diferentes axentes para estender o labor de promoción do cooperativismo e a economía social con dous obxectivos: a posta en marcha de novos proxectos cooperativos como motores de creación de emprego e a consolidación das empresas de economía social xa existentes.

“Descubre as cooperativas” é un percorrido dinámico e interactivo polas potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego nun contexto de crise económica coma o que estamos a vivir.

Poderá visitarse a partires do próximo martes, día 5 de marzo, en horario de 10 a 14h e de 16 a 20h, ata o sábado 9 de marzo, no Auditorio Municipal, situado na Rúa Autores da Rianxeira, s/n 15920 Rianxo.

Cartel da actividade