Deportes

- V OPEN ANDAINAS -25 km BARBANZA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

V OPEN ANDAINAS -25 km BARBANZA

O Club de Montaña Vintedouspés organiza a II Andaina de 25 km do Barbanza, do V Open Andainas de Regularidade de Galicia. A cita é o 30 de setembro e percorrerá camiños do concello de Rianxo.

Hai dous percorridos distintos:

  • Andaina 25 km

Dificultade Media

Duración estimada 5 h

Saída da área recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña, para dirixirse ao Castro Barbudo, cunha fermosa panorámica da ría de Arousa.

O percorrido continúa ata Ourille, onde se inicia o descenso ata o lugar da Ferrería. Neste treito atoparemos o primerio punto de avituallamento. Desde aquí continúase ata o lugar da Ermida, onde comeza unha das zonas mais bonitas da andaina: o paseo pola beira do Río Té, ata chegar á praia da Torre.

Desde alí, e a través dun camiño que percorre o litoral da ría de Arousa, chégase á Burata, onde se sobe, pasando por Paradela, ata o punto final da andaina, situado na área recreativa de Campo Maneiro.

  • Andaina 15 km

Dificultade Media

Duración estimada 3 h

Este percorrido coincide no seu inicio coa andaina de 25 km, concretamente ata chegar a Ourille.

Saída de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo) cara ao camiño dos defuntos, desde o cal se sobe ao Castro Barbudo, baixando despois polo camiño de Corques en dirección ao rio Té. Ao chegar á aldea de Té, diríxese pola beira do mar ao porto de Taragoña, continuando ata preto de Ponte Beluso, para rematar en Campo Maneiro, despois de pasar por Paradela.

Inscricións:

A través de ChampionChip Norte.


Máis información:

https://andaina25barbanza.blogspot.com/

https://25km.es/