Deportes

- V Marcha BTT Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

V Marcha BTT Concello de Rianxo

O 19 de febreiro celebrarase a V Marcha BTT Concello de Rianxo e a 2ª andaina, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa é o seguinte:
  • 8:00 h.      Recollida de dorsais
  • 9:00 h.      Saída da marcha e da andaina do Porto de Rianxo
  • 11:30 h.    Primeiro corte
  • 12:30 h.    Segundo corte
  • 14:00 h.    Hora estimada da chegada
  • 14:30 h.    Pinchos e entrega de trofeos

O obxectivo  desta proba é a promoción do cicloturismo en Rianxo, ao tempo que serve de escaparate ao noso pobo e ás súas posibilidades como recurso turístico, deportivo e recreativo. A proba pretende ser accesible a calquera tipo de afeccionado ao ciclismo, desde o principiante ata o mais experimentado, para o cal a marcha contará con tres rutas con distancias e niveis de dificultade distintos: Cicloturística (29 km.), Marcha (45 km.) e Maratón (70 km). Os ciclistas deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 15 con autorización e está aberto a federados e non federados.

Inscricións

Rutas
A saída da proba está organizada no porto de Rianxo, onde se prestarán os servizos e atencións aos participantes e se derá a saída. Podes acceder aos tracks en www. castrobarbudo.com:

  • Iniciación (verde): 29 km
    • Dificultade técnica: media 
    • Forma física: baixa-media
  • Marcha (azul): 45 km
    • Dificultade técnica: alta
    • Forma física: alta
  • Maratón (vermella): 70 Km
    • Dificultade técnica: moi alta
    • Forma física: moi alta

Servizos
A organización da proba vaise centralizar no porto de Rianxo. Alí, os participantes disporán de:

1. Zona de aparcamento
2. Puntos de lavado de bicicletas
3. Local de recollida de dorsais e entrega de premios
4. Duchas para os participantes.
5.- Dous puntos de avituallamento (1 de sólidos e outro de líquidos) ao longo das rutas.