Deportes

- Trail 500 verticais Pico Muralla - Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Trail 500 verticais Pico Muralla - Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo e a Asociación Barbantia Roda organizan o I Trail 500 verticais Pico Muralla - Concello de Rianxo coa finalidade de promocionar esta modalidade deportiva, fomentar hábitos de vida saudable e dar a coñecer a contorna natural do noso concello. o trail disputarase o domingo, 24 de abril, a partir das 11 h., nas categorías de promesa, sénior e veteranos individuais e de parella mixta, parella feminina e parella masculina (categoría única a partir de 1996).

A distancia da proba é de 6 km. e acumula un desnivel de 530 m., saíndo do lugar da Hermida. Tras deixar atrás a Ferrería seguirá de preto o curso do Río Té, ascendendo ata Campelo para rematar no Pico Muralla, o punto máis alto e setentrional do Concello, a 678 metros de altura, onde en días claros pódese observar a totalidade da Ría de Arousa, tanto a costa norte (Boiro, Pobra, Ribeira) coma a costa sur (Vilagarcía, a Illa de Arousa...), a Ría de Muros e Noia (Noia, Muros, Monte Louro...), Santiago de Compostela, a Ría de Pontevedra...

A inscrición pode formalizarse ata o día 21 de abril ás 24 h. en emesports.es.

Regulamento da proba

Mais información no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.